18082019Dom
Última edición: Jue, 15 Ago 2019 7pm

O Concello do Porriño adquire un local para a nova aula da UNED

O importe da operación é de 276.342 euros

17 Abril 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Planos da nova sede. / Foto: Concello do Porriño Planos da nova sede. / Foto: Concello do Porriño

O Concello de Porriño vén de adquirir esta semana un local de 260 metros cadrados na rúa Fernández López, nº 2 para radicar a aula da UNED na vila, dando cumprimento ó acordó plenario adoptado pola Corporación Municipal en maio de 2018.

A alcaldesa Eva García de la Torre firmou nunha notaría da cidade a escritura de compra-venda o pasado martes 16. O importe da operación é de 276.342 euros. O Concello afrontou ese desembolso a través dunha operación de tesorería despois de vender varias parcelas municipais.

“A opción do aluguer dese local desestimouse pola previsible permanencia no tempo das actividades que vanse desenrolar nese local e ademáis fronte á posibilidade de adquirir patrimonio para o Concello”, manifestou a alcaldesa de Porriño. “A elección deste local en rúa Fernández López responde a a súa ubicación estratéxica, ó carón do Centro Cultural Municipal e da Biblioteca o que permite un mellor aproveitamento e sinerxias entre eles e tamén ó mandato do acordo plenatio que demandaba que fose un local no centro do cosco urbán” suliñou Eva García.

Conforme ás xestions realizadas polo Concello coa dirección da UNED e cos presidentes dos Polígonos Industriais de Porriño, a futura aula comprenderá o curso de acceso a maiores de 25 anos á Universidade así como o establecemento de cursos de formación e capacitación para prácticas en empresas.

Inicia sesión para enviar comentarios

Encuesta

¿Cuál ha sido el concierto de Castrelos que más te ha gustado?

rutas

el vigo de otra época

  • El Tranvía a Baiona y Gondomar
    El Tranvía a Baiona y Gondomar En los años 20 del siglo pasado Vigo ya disponía de un magnífico servicio de cercanías gracias al ferrocarril de vía estrecha que nos acercaba a O Porriño por un lado y a Gondomar y Baiona por otro. Desgraciadamente por…
    Leer más...

el vigo de otra época

rutas

  • Últimas noticias

  • Más leído