22092019Dom
Última edición: Dom, 22 Sep 2019 7pm

Eleccións Xerais

O PP convoca un xantar con Rajoy por 15 euros no aparcadorio de Queen

A cita foi convocada polos "populares" de Mos es Moriño para este sábado

12 Abril 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Cartel do xantar. Cartel do xantar.

"Este sábado vén, 13 de abril, todos con Rajoy. Ven e súmate ao xantar que temos previsto aquí, en Sanguiñeda na explanada frente a Queen, con toda a familia popular de Louriña e Baixo Miño. Será ás 13.30 h.".

Así anunciou o PP de Mos e O Porriño, e os seus candidatso ás Municipais, Nidia Arévalo e Alejandro Lorenzo, o encontro con Mariano Rajoy, expresidente do Goberno. A cita convocada polos populares será no aparcadoiro da discoteca Queen e previo pago de 15 euros por persoa. Arévalo é a actual alcaldesa de Mos e será o cabeza de cartel do PP local nos comicios do vindeiro 26 de maio.

No acto, ademais dos mencionados Mariano Rajoy e Nidia Arévalo, estarán Ana Pastor, candidata do PP ó Congreso por Pontevedra; Alejandro Lorenzo, candidato do PP á alcaldía do Concello do Porriño; Alfonso Rueda, presidente do PP de Pontevedra; Camilo Augusto, presidente do Comité Local do PP de Mos, e demais candidatos á alcaldía das comarcas do Baixo Miño e A Louriña.

Inicia sesión para enviar comentarios

marítima

navidad

movilidad

  • Últimas noticias

  • Más leído