18082019Dom
Última edición: Jue, 15 Ago 2019 7pm

O persoal de Levantina acepta o ERE extintivo para 18 traballadores no Porriño

O grupo do sector da pedra natural rebaixou a pretensión inicial de despedir 33 empregados da Louriña

11 Abril 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Asamblea de traballadores no Porriño. / Foto: CIG Asamblea de traballadores no Porriño. / Foto: CIG

O cadro de persoal de Levantina y Asociados de Minerales, referente mundial no sector da pedra natural, decidiu en asemblea aprobar a proposta de ERE extintivo pactada entre a dirección e os sindicatos que contempla o despido de 161 traballadores no Estado, 18 deles no Porriño. O grupo alacantino rebaixou a súa pretensión inicial, que pasaba por rescindirlle o contrato a máis de 300 empregados, 33 deles galegos.

Os traballadores de Levantina apostaron por aceptar o preacordo ao que chegaron a dirección e os representantes sindicais, que finalmente suporá o despido de 161 persoas en todo o Estado fronte ás máis de 300 que pretendía botar ao principio. No caso do centro de traballo do Porriño, o número de afectados rebaixouse dos 33 iniciais aos 18 (14 de produción e 4 de oficinas).

O acordo que vén de ser ratificado por ampla maioría nas asembleas celebradas nas distintas instalacións da empresa establece unha indemnización de 27 días por ano traballado, cun tope de 14 mensualidades, cantidades que as centrais foron quen de aumentar durante as negociacións celebradas en Alacante.

A asemblea do Porriño aprobou a proposta por máis de 60 votos a favor e 18 en contra, porcentaxe similar á rexistrada no conxunto do Estado, onde todas as fábricas lle deron luz verde ao preacordo, incluso a de Novelda 1, que vai ser pechada.

Inicia sesión para enviar comentarios

Encuesta

¿Cuál ha sido el concierto de Castrelos que más te ha gustado?

rutas

el vigo de otra época

  • El Tranvía a Baiona y Gondomar
    El Tranvía a Baiona y Gondomar En los años 20 del siglo pasado Vigo ya disponía de un magnífico servicio de cercanías gracias al ferrocarril de vía estrecha que nos acercaba a O Porriño por un lado y a Gondomar y Baiona por otro. Desgraciadamente por…
    Leer más...

el vigo de otra época

rutas

  • Últimas noticias

  • Más leído