19112019Mar
Última edición: Mar, 19 Nov 2019 11am

Leire Pajín, Carmen Avendaño e Carla Reyes debatirán en O Porriño sobre o papel actual das mulleres

A cita está prevista para as 19,30 h no Centro Cultural Municipal e forma parte da programación “As Mulleres fan Porriño”, promovida polo Concello co gallo do 8M

10 Marzo 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Carmen Avendaño./ Foto: Concello O Porriño Carmen Avendaño./ Foto: Concello O Porriño

Leire Pajín, ex ministra de Sanidade e Igualdade; Carmen Avendaño, presidenta da Fundación Erguete e Carla Reyes, presidenta da asociación “Executivas Galicia”, compartirán o vindeiro martes 12 en Porriño un interesantísimo debate, a priori, sobre o papel actual das mulleres. A cita está prevista para as 19,30 h no Centro Cultural Municipal e forma parte da programación “As Mulleres fan Porriño”, promovida polo Concello co gallo do 8M.

Leire Pajín preside actualmente REDS (Rede Española para o Desenrolo Sostible). Ten relatado que na súa ampla carreira en cargos públicos, especialmente cando foi ministra do goberno de Rodriguez Zapatero, tivo que soportar ataques machistas de diversos políticos da oposición coma León de la Riva, quen fora alcalde de Valladolid.

Carmen Avendaño, sobranceira activista social, nai contra as drogas e alma mater da asociación “Erguete”, ten sufrido moitos vilipendios dos capos do narcotráfico contra os que ten batallado tantos anos.

Carla Reyes, xornalista colaboradora en diversos medios informativos, preside hai cinco anos a asociación “Executivas Galicia” desde onde manten un activismo baseado en que as mulleres acaden a sua independencia económica defendendo os intereses das mulleres directivas de empresas en Galicia.

Inicia sesión para enviar comentarios

navidad

comercio

  • Últimas noticias

  • Más leído