24032019Dom
Última edición: Sáb, 23 Mar 2019 10pm

8 de marzo

Mos festexa o 8-M cunha peregrinación de mulleres a Santiago

Máis de 70 participantes na andaina saíron de Tui e chegarán á catedral compostelá o vindeiro martes 12 de marzo

08 Marzo 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
As participantes neste particular Camiño de Santiago. / Foto: Concello de Mos As participantes neste particular Camiño de Santiago. / Foto: Concello de Mos

O Concello de Mos decidiu conmemorar o Día Internacional da Muller coa iniciativa ‘Xuntas no Camiño’, unha peregrinaxe que deu comezo este venres pola mañá e rematará o 12 de marzo. E na que participan un total de 73 mulleres da vila, entre as que se atopan a alcaldesa, Nidia Arévalo, a concelleira de Política Social, Cultura e Turismo, Sara Cebreiro, e a edil de Participación Cidadá, Julia Loureiro.

As beneficiarias da actividade, ataviadas con chalecos rosas en lugar de violetas, son mulleres de Mos maiores de 18 anos que realizarán o Camiño de Santiago en cinco etapas. Cada etapa terá saída e regreso en autocar dende o Pazo de Mos.

Este 8 de marzo faise a etapa Tui-Mos (de 9:00 a 14:00 horas), o día 9 Mos–Pontevedra (de 9:00 a 17:00), o día 10 Pontevedra–Caldas (de 9:00 a 17:00), o día 11 Caldas-Padrón (de 9:00 a 17:00) e o día 12 Padrón-Santiago (de 9:00 a 20:00).

Por outra banda, o sábado 16 de marzo celebrarase a Cea Baile ‘Son Muller’, tamén para mulleres maiores de 18 anos, no pavillón Óscar Pereiro. Dará comezo ás 22.00 horas e o prezo por persoa é de 20 euros.

O Concello de Mos viuse inmerso na polémica nas últimas horas ao facer coincidir a gran manifestación feminista do 8 de marzo que acollerá Vigo, e á que acudirán desde diferentes puntos da comarca, co desfile de Entroido.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

medio ambiente

sanidad

música

vigo

  • Últimas noticias

  • Más leído