24052019Vie
Última edición: Vie, 24 May 2019 11pm

A Deputación financia a adecuación paisaxística da avenida de Galicia en O Porriño

Trátase dun investimento do Plan Concellos 2019 co que a Deputación de Pontevedra pon a disposición da vila máis de 1 millón de euros

16 Febrero 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Consello de Goberno./ Foto: Deputación Consello de Goberno./ Foto: Deputación

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, informou da aprobación pola Xunta de Goberno dun investimento para O Porriño con cargo á liña 1 do Plan Concellos 2019. En concreto, son 604.227,42 euros cos que a vila poderá financiar a adecuación paisaxística da Avenida de Galicia e o seu entorno. Este ano a institución provincial pon a disposición de O Porriño ao través do Plan un total de 1.132.222,96 euros, un 3,22% máis que no 2018.

Máis polo miúdo, a actuación está orientada a acondicionar o espazo urbano da avenida e a súa contorna, como acceso principal á cidade. As obras contemplan a mellora estética e dotacional de máis de dous mil metros cadrados, vaise incrementar o espazo para usos pasivos e recreativos, dotarase de atractivo e unidade o conxunto e limparanse os elementos confusos e negativos. Amais, vaise executar a implantación de mobiliario, creación de zonas recreativas e de descanso, integración a través da vexetación, e instalación de beirarrúas con zonas verdes. A actuación tamén implica a execución dunha zona de estancia cuberta e axardiñada, unha mediana de viario con xardín descontinuo de céspede e macizos, novos xardíns, supresión de barreiras arquitectónicas e rotonda con novo xardín.

Ademais das achegas correspondentes á Liña 1, que son este ano de 786.933,47 euros, o concello de O Porriño tamén ten á súa disposición polo Plan Concellos 2019 un total de 100.133,94 euros na Liña 2 de amortizacións e débedas. Así mesmo, outros 245.155,51 euros da Liña 3 de emprego cos que a Deputación financia a contratación de 40 traballadores e traballadoras para o concello.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

vigo

televisión

obras

vigo en festas

  • Últimas noticias

  • Más leído