24052019Vie
Última edición: Vie, 24 May 2019 9pm

Mos eliminará o tráfico pesado das zonas urbanas residenciais

Técnicos e Policía Local levan meses traballando nun proxecto moi complexo e ambicioso

16 Febrero 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Policía Local de Mos vixiando o Tráfico Policía Local de Mos vixiando o Tráfico

A Policía Local coa colaboración de técnicos especializados leva meses traballando nun ambicioso proxecto de eliminación do tráfico pesado das zonas urbanas residenciais do municipio.

As zonas obxecto de estudo e das que se eliminará o tránsito de vehículos pesados tales coma camións, trailers, etc. son Sanguiñeda e Puxeiros.

 

Na parroquia de Sanguiñeda actuarase en tres tramos, a Avenida de Sanguiñeda, o tramo que vai desde a rotonda do Costilleta ata a rotonda das Angustias sentido ascendente, e a rúa Areas que vai cara ó supermercado Día; e na zona de Puxeiros actuarase en dous tramos, o que vai dende a rotonda do alto de Puxeiros ata o Rebullón e o da Estrada Puxeiros-Peinador que vai dende esa mesma glorieta ata a Axencia de Colocación. Neste segundo caso, ao tratarse dunha Estrada Provincial, dende a administración local mosense estase traballando conxuntamente coa Deputación de Pontevedra.

Pola zona de Sanguiñeda, segundo estimacións da Policía Local, pasan diariamente unha media de 1.000 vehículos dos cales sobre 100 son pesados, é dicir, un 10% do total.

E pola zona de Puxeiros, a Policía Local de Mos fai un cálculo de paso de tránsito rodado duns 9.000 vehículos ó día, dos que 1.800 son vehículos pesados, o que representa unha porcentaxe do 20%.

Arévalo, rexedora local, e Gerardo Álvarez, Xefe da Policía Local de Mos, explicaron sobre este proxecto que “se trata dun traballo arduo e complexo, de ahí que levemos meses inmersos nel, porque son zonas cunha elevada actividade empresarial, moitas empresas asentadas ás que hai que darlle alternativas de paso para o transporte que leva e trae mercadorías, producto e materias primas ás mesmas. Non se pode deixas ás empresas sen acceso e servizos, pero ao mesmo tempo a necesidade existente de eliminar o tráfico pesado destas tres zonas é acuciante, de ahí o labor intenso e pormenorizado que se está a facer valorando pros, contras, posibilidades, alternativas… todo para regular o máis óptimamente posible o tránsito rodado e que as medidas adoitadas repercutan en moito na mellora da calidade de vida dos nos nosos veciños e veciñas”.

A existencia dos polígonos industriais da Portela, Rebullón e Monte Faquiña na zona de Puxeiros fai especialmente delicado o traballo, ao requerir dunha complexa reorganización do tráfico (só ata o alto de Puxeiros se desprazan diariamente entre 2.000 e 3.000 persoas a traballar, estudar, mercar, facer xestións… etc.). Sen embargo, o proxecto atópase xa moi avanzado e a intención municipal é de poñelo en marcha canto antes.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

vigo

televisión

obras

vigo en festas

  • Últimas noticias

  • Más leído