19022019Mar
Última edición: Mar, 19 Feb 2019 6pm

A alcaldesa do Porriño destitúe a dous concelleiros por "ineficacia e deslealdade”

García de la Torre aprecia "hai tempo, un interese so nos grandes proxectos e non no día a día, que é esencial para os cidadáns"

05 Febrero 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Eva García de la Torre. / Foto: Concello do Porriño Eva García de la Torre. / Foto: Concello do Porriño

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, vén de destituír a dous cargos do Goberno local, concretamente ao tenente de alcalde e concelleiro de Vías e Obras e Deportes, Manuel Carrera, e ao concelleiro de Urbanismo, Industria, Comercio e Medio Ambiente, Marcelino Coto.

García de la Torre indica que viuse “forzada” a tomar esta decisión diante da “ineficacia e deslealdade” no exercicio dos seus cargos destes dous concelleiros aos que, lembra, “non so entreguei máis competencias das que figuraban no acordo de Goberno, asinado hai preto de catro anos, senón que di total independencia e confianza plena para a xestión das súas concellerías”.

No que se refire a isto último, a alcaldesa di apreciar, hai tempo, un interese nos dous concelleiros destituídos centrado só nos grandes proxectos e non no día a día.

“Ante estes feitos non quedou outra saída que dar un golpe na mesa e cumprir coa miña obriga que é a de solucionar eses problemas”, argumenta García de la Torre, que asegura que vai dar resposta aos porriñeses e porriñesas nas cousas grandes e nas pequenas.

Deslealdade
A esta falla de eficacia, salienta a alcaldesa, súmase unha “deslealdade” que pasa, non so polos intentos destes dous concelleiros de que sexa a rexedora quen asuma a súa falla de eficacia, senón os “seus ofrecementos reiterados ao Partido Popular, ben sexa para integrarse nas súas candidaturas ou para sumarse a unha moción de censura”.

García de la Torre asumiu as competencias que estes concelleiros viñan desempeñando ata hoxe.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

sucesos

música

conferencia

transporte

'phising'

  • Últimas noticias

  • Más leído