23072019Mar
Última edición: Mar, 23 Jul 2019 10pm

Deteñen no Porriño a un maltratador que castigaba á súa parella pechándoa nun zulo

A muller agrediu á policía para que non arrestaran ao seu mozo, que gardaba droga no domicilio para a venda ao por menor

28 Enero 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
A droga intervida. / Foto: Policía Local O Porriño A droga intervida. / Foto: Policía Local O Porriño

A Policía Local do Porriño detivo nas últimas horas a un mozo de 19 anos acusado de agredir á súa parella, á que pechaba nun zulo “coma castigo”. Ademais, o home tiña unha orde de afastamento que estaba a incumprir e gardaba droga na vivenda que ambos compartían para a súa futura venda ao por menor. Igualmente, a vítima foi arrestada por agredir a un axente co obxectivo de impedir que os policías levaran á comisaría ao sospeitoso.

O corpo municipal asegura que xa levaba tempo vixiando unha vivenda da parroquia de Cans á que presuntamente acudían rapaces a comprar haxix. Con todo, os axentes tiveron que intervir nela cando dende o 112 pediron á Policía Local que acudise ao lugar debido a que un rapaz agredira á súa parella.

“Nese momento activouse o protocolo de actuación ante casos de violencia machista, que ten en funcionamento do Concello”, relata o xefe do corpo, Daniel Rodríguez. Así, os axentes chegaron ao lugar e entrevistáronse co home, quen negou que houbese alguén no interior da casa, algo que comprobaron cando o mozo permitiulles entrar na mesma, “localizando á rapaza nun oco que só podía abrirse dende fora”.

A muller contou aos policías que ela era a parella do mozo e confesou que o lugar onde a atoparan os axentes o usaba o agresor “para pechala dentro coma castigo”.

Ante este feito, e logo de reafirmar os feitos falando cunha testemuña que asegurou ter visto a agresión á rapaza, os policías realizaron varias comprobacións corroborando que este suxeito tiña unha orde de afastamento da vítima, ditada polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de O Porriño, polo cal procederon á súa detención.

“Sorprendentemente, á moza púxose do lado do seu agresor tentando que non fora trasladado, tendo que ser suxeita polos axentes”, relata a Xefatura. Finalmente, logrou soltarse e agrediu a un dos policías, polo que foi arrestada coma presunta autora dun delito de atentado á autoridade. No mesmo lugar, atopáronse 10 doses de haxix preparadas para a súa venda ao por menor.

Entrada en prisión
Os detidos foron postos a dispor do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 do Porriño que ten competencias compartidas de violencia sobre a muller, dende onde se ditou contra o home unha orde de ingreso na prisión da A Lama, mentres que a rapaza quedou en liberdade con cargos e a obriga de presentarse cada semana no xulgado.

Con estes arrestos, a Policía Local da por desmantelado una punto de venda de droga na parroquia de Cans e resolto un presunto caso de violencia de xénero.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

vigo en festas 2019

vigo

  • Últimas noticias

  • Más leído