23092019Lun
Última edición: Lun, 23 Sep 2019 1pm

El Monaguillo, Luis Zahera, Miguel Lago e Enrique San Francisco, no ciclo de monólogos de Mos

Comeza a venda de entradas dos catro espectáculos, que terán lugar entre febreiro e maio

03 Enero 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
O cómico vigués Miguel Lago. O cómico vigués Miguel Lago.

Tras o Nadal, a programación cultural de Mos proseguirá coa segunda edición do ciclo anual de monólogos ‘IMos Rir’, que xa iniciou a venda das entradas para os seus espectáculos. O primeiro deles correrá a cargo de El Monaguillo o 3 de febreiro. O 17 de marzo chegará a quenda do galego Luis Zahera, seguido do vigués Miguel Lago (28 de abril) e de Enrique San Francisco (19 de maio).

Todas as actuacións celébranse ás 20.00 horas no auditorio do Centro Dotacional de Torroso, situado na estrada Puxeiros-Mos. O aforamento do auditorio é de algo máis de 300 persoas. A comercialización de entradas online xestiónase a través da plataforma www.woutick.es e tamén hai puntos de venda física de entradas na cafetería do Centro Dotacional de Torroso e no quiosco Sendín de Vigo (rúa Pizarro 46).

Os prezos son de 10 euros máis gastos de xestión se se compra a localidade anticipadamente e de 13 euros se se adquire o mesmo día do espectáculo no despacho de billetes do auditorio. Non se recomenda a entrada aos espectáculos a menores de 12 anos.

imos rir

Inicia sesión para enviar comentarios

marítima

navidad

movilidad

  • Últimas noticias

  • Más leído