14122019Sáb
Última edición: Vie, 13 Dic 2019 8pm

Mos pide axuda para recoller alimentos para os gatos abandonados

A campaña de concienciación sobre as colonias desenvolve unha nova acción este sábado

15 Noviembre 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Imaxe dunha campaña anterior. / Foto: Concello de Mos Imaxe dunha campaña anterior. / Foto: Concello de Mos

A campaña municipal de concienciación sobre as colonias de gatos abandonados que promove o Concello de Mos continúa co seu labor de recollida de alimentos cunha xornada de doazón no supermercado Gadis, sito en As Angustias (Sanguiñeda), que terá lugar este sábado. A entidade ‘Gatiños de Mos’ fará a recollida de alimentos para os animais das colonias do municipio ao longo de todo o día.

A acción desenvolverase durante o horario de apertura do establecemento, onde os interesados en doar alimento para gatos poderán depositar a súa contribución. Tamén se pode deixar calquera outro produto para o coidado dos felinos.

Ademais de colaborar con estas achegas, quen así o desexe poderá apoiar esta campaña doutros xeitos tales coma: facéndose fogar de acollida, adoptando un gatiño e/ou colaborando como voluntarios.

Esta campaña conta coa inestimable colaboración e participación de protectoras e voluntarios, sen os cales non tería sido posible poñer en marcha esta campaña de control de colonias de gatos sen dono na rúa baixo o lema ‘Ti decides, esteriliza’.

Os obxectivos da campaña de control de colonias de gatos sen dono na rúa, que ten como lema ‘Ti decides, esteriliza’, son a recollida de alimentos e produtos de coidado, a esterilización, adopción e acollida temporal dos gatos das colonias existentes en Mos.

A iniciativa inclúe tamén unha parte de sensibilización mediante o reparto de dípticos informativos. Así, o Concello quere concienciar á cidadanía sobre as colonias de gatos abandonados e da necesidade de esterilizalos e alimentalos para que vivan nunhas condicións óptimas e salubres e para ter as colonias controladas, sen que aumente o número de membros nin se formen outras novas.

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

marítima

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído