25082019Dom
Última edición: Dom, 25 Ago 2019 10am

Veciños de Budiño cortarán o tráfico na estrada PO-510

Esixen á Xunta a sinalización dunha glorieta e pasos peonís para poder cruzar e xirar no barrio da Vaquería

15 Noviembre 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Imaxe da xuntanza mantida este xoves. / Foto: Concello do Porriño Imaxe da xuntanza mantida este xoves. / Foto: Concello do Porriño

Veciños do barrio da Vaquería, na parroquia porriñesa de Budiño, realizarán cortes de tráfico na estrada PO-510, para esixir, de novo ao Goberno de Galicia, que atenda as súas reivindicacións e que se deseñe unha glorieta e pasos peonís entre os puntos quilométricos 2,200 e 2,600.

Así o decidiron este xoves nunha xuntanza, á que acudiu  o tenente de alcalde do Porriño, Manuel Carrera, e na que aprobaron solicitar permiso para realizar ese corte de tráfico todos os mércores-empezando polo vindeiro, o día 21 de novembro- de 13.00 a 13.30 horas e denunciar, de novo, que o barrio “está dividido por unha liña continua na estrada que fai imposible aos coches xirar para chegar ás casas  ou negocios e cruzar aos peóns que, ante o perigo que supón teñen que andar máis de un quilómetro”.

A alcaldesa, Eva García de la Torre, que non puido achegarse ata a Vaquería, reiterou todo o seu apoio a esta reivindicación e lembrou que “hai xa máis de 6 meses que os responsábeis da Xunta comprometéranse a estudar á proposta dos habitantes desta parte do Porriño para rematar con esta situación e ata hoxe non deron sinais de vida”.

Os veciños amosaron o seu desexo de que na mobilización do vindeiro mércores haxa representantes de todos os grupos políticos do Concello, “porque este é un tema que afecta a toda a veciñanza, que divide a familias e no que temos que estar todos esixindo unha solución que ten que tomarse xa”.

Inicia sesión para enviar comentarios

sucesos

transporte

celta

sucesos

patrimonio de la humanidad

  • Últimas noticias

  • Más leído