Imprimir esta página

Adxudicado o novo centro de saúde de Salceda de Caselas por 1,7 millóns

As obras da infraestrutura sanitaria, que triplicará a súa superficie, durarán 15 meses

08 Noviembre 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Entrada ao actual centro de saúde. / Imaxe: Google Maps Entrada ao actual centro de saúde. / Imaxe: Google Maps

A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, publica este xoves a adxudicación da construción do novo centro de saúde de Salceda de Caselas por un importe de 1.679.168 euros. A empresa adxudicataria do concurso público foi Construciones Iglesias Mera S.L, e ten un prazo máximo de execución de 15 meses.

A nova infraestrutura sanitaria contará cunha superficie construída de 1.321 metros cadrados, o que supón un incremento de 863 metros cadrados (un 188% máis), respecto ao espazo do actual centro de saúde, que conta cunha superficie de 458 metros cadrados.

O Servizo Galego de Saúde xa presentou hai uns meses o proxecto de construción deste novo edificio da rede sanitaria pública galega. A superficie quedará distribuída nunha entrada con vestíbulo e zona de recepción e na área de asistencia sanitaria contémplase 5 consultas de medicina xeral, 5 de enfermería, 1 consulta polivalente, 1 sala de técnicas, 1 sala de extraccións, 2 consultas de pediatría, 2 de enfermería pediátrica e 1 consulta para matrona.

Disporá tamén de arquivo con historias clínicas, biblioteca/sala de xuntas, aseos e vestiarios, ademais doutros espazos con servizos comúns.

Na actualidade, o concello pontevedrés de Salceda de Caselas dispón de 7.832 tarxetas sanitarias adscritas, das que 1.391 son de pacientes en idade pediátrica.

Inicia sesión para enviar comentarios