17112018Sáb
Última edición: Sáb, 17 Nov 2018 7pm

O Concello do Porriño reconstruirá a igrexa de San Campio tras o incendio

A goberno local aproba unha partida de 50.000 euros para que o templo estea reformado antes da celebración do día do seu patrón en 2019

20 Octubre 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Policía e veciños, o dia do incendio. / Fotos: Daniel Seijas Policía e veciños, o dia do incendio. / Fotos: Daniel Seijas

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, e o concelleiro de Vías e Obras, Manuel Carrera, mantiveron unha xuntanza con representantes da Comisión de Festas de San Campio, da parroquia de Pontellas, para tratar a rehabilitación e recuperación da igrexa que resultara moi gravemente danada por un incendio o pasado mes de xullo, precisamente coincidindo coa celebración da súa festa patronal.

Hai que lembrar que o lume arrasara completamente o interior do templo, queimando os bancos, as tallas dos santos-incluíndo a do patrón-, e o tellado, quedando en pe so a estrutura da basílica, logo de que os bombeiros, para evitar maiores riscos, tivesen que retirar as vigas do teito.

García de la Torre e Carrera comprometéronse a que o orzamento municipal para 2019 conteña unha partida duns 50.000 euros para que as obras estean rematadas antes da celebración da Festa de San Campio.

A alcaldesa salientou a importancia, “a marxe do respecto á liberdade relixiosa”, que ten para o patrimonio cultural e histórico do Porriño e para a xente a igrexa de San Campio, construída no século XIX.

O mesmo día do incendio, Eva García de la Torre, quen acudirá ao lugar para coñecer os danos de primeira man, comprometérase, publicamente, coas veciñas e veciños a que contarían co Concello e con toda a Corporación Municipal para a reconstrución da capela.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

salud

vigo

  • Adéntrate en el futuro Centro Vialia
    Adéntrate en el futuro Centro Vialia El proyecto del Centro Vialia, cuyas obras acaban de comenzar, está llamado a marcar un antes y un después para el transporte en la ciudad y la vida de los vigueses. La futura estación intermodal aglutinará el servicio de autobús…
    Leer más...

más vigo

economía

celta

  • Últimas noticias

  • Más leído