14112018Mié
Última edición: Mié, 14 Nov 2018 9am

Maderas Iglesias manterá a folga ao non confiar nas novas promesas da dirección

O persoal, que suma 16 días de paro, non aceptou a última proposta da empresa, que contou con mediación

12 Septiembre 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Asemblea do persoal de Maderas Iglesias. / Foto: CIG Asemblea do persoal de Maderas Iglesias. / Foto: CIG

A folga indefinida en Maderas Iglesias, que este mércores cumpre 16 días, continuará ao non aceptar o cadro de persoal os compromisos adquiridos pola patronal coa mediación do Consello Galego de Relacións Laborais. A proposta, que contemplaba un calendario de pagamentos dos salarios adebedados e dos atrasos, requiría a suspensión dunha folga que se prolongará debido á desconfianza xerada tras anos de incumprimentos.

O persoal lembra, como exemplo recente, o incumprimento das condicións pactadas tras o ERE de xuño deste ano pero cuxas indemnizacións aínda non foron abonadas. Tamén o calvario vivido tras oito anos de conxelación salarial, así como a demora continua e incumprimentos no pago de nóminas, das que a día de hoxe seguen pendentes a de agosto e a extra de xullo do ano vixente.

Piden, ademais, o respecto da Xunta á decisión tomada pola asemblea de traballadores, reivindicando que a administración se implique de xeito pleno na consecución de investidores de cara a lograr un futuro para a empresa.

Despois desta importante decisión, o persoal manifestouse este mércores desde os arredores da praza de España de Vigo (onde vive un dos donos) ata o edificio da Xunta, reafirmando a vixencia dos motivos que os levaron á folga.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

salud

intervención

celta

economía

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído