16092019Lun
Última edición: Lun, 16 Sep 2019 9am

festival de cine

Cans xerou máis de 30 altas laborais e contratou servizos a 25 empresas locais

O festival afonda no estudo do seu impacto socioeconómico a través dunha tese de doutoramento, para a que se elaboraron 2.000 enquisas entre os asistentes

01 Junio 2016 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Público no Festival de Cans. / Foto: Alberto Pérez Barahona Público no Festival de Cans. / Foto: Alberto Pérez Barahona

A última edición do Festival de Cans xerou un importante impacto económico na súa contorna grazas ao seu empeño en fomentar unha economía de quilómetro cero, que aposta pola contratación local, a busca de empresas provedoras no Porriño e a súa comarca e a promoción do consumo en negocios locais.

Segundo informou este mércores a organización, en total, realizáronse 36 altas laborais, con contratacións por días, semanas ou mesmo un mes completo e distribuídos entre a coordinación das diferentes áreas do festival, a produción, o servizo de cátering e o persoal de barras. A maioría destas altas realizáronse a persoas de Cans, O Porriño e concellos limítrofes como Mos, Salceda ou Tui.

Así mesmo, a organización calcula que se xeraron máis de 60 empregos indirectos: 36 a través das empresas contratadas polo festival para o son, a iluminación, a seguridade e a mobilidade; e os restantes polas necesidades de reforzo durante os días de celebración do certame na hostalería local, sobre todo bares e restaurantes da propia aldea de Cans, e tamén hoteis e outros negocios deste ámbito.

O Festival de Cans procurou dende os seus comezos que a súa actividade repercutise na súa zona buscando profesionais e empresas provedoras a nivel local. Nesta edición contratou servizos cun total de 25 empresas (hoteis, bares, restaurantes, panadarías, imprentas, ferretería, asesoría, aseguradora ou servizo de taxi) e 19 autónomos do Porriño e arredores.

Ademais, contribuíu a que dende varias semanas antes do festival estivese cuberta a oferta hoteleira ao 100%, tanto de hoteis como de hostais. Non había habitacións libres en varios quilómetros á redonda, polo que numerosas persoas tiveron que buscar aloxamento en Tui, Ponteareas ou Vigo.

Tese de doutoramento sobre o impacto económico
O Festival colaborando con Fran Núñez, investigador da Universidade de Santiago de Compostela (USC), na elaboración da súa tese de doutoramento, centrada no impacto económico, social, cultural, artístico e comunicativo do Festival de Cans. Con este profundo estudio, que comezou hai xa máis de un ano, espérase obter datos económicos concretos e fiables con cifras aproximadas dese impacto económico. Para isto, durante os días de celebración do certame lograron realizarse máis de 2.000 enquisas a persoas asistentes, que servirán para analizar numerosos aspectos neste senso como o gasto medio que realizan en comida, transporte ou aloxamento.

A investigación pretende analizar polo miúdo a evolución do modelo de xestión do festival e o seu impacto económico directo, indirecto e inducido, como pequena industria cultural xeradora de riqueza e emprego. Este traballo está avalado pola Universidade de Santiago de Compostela e dirixido polo profesor Fuco Sangiao, do departamento de Economía.

Inicia sesión para enviar comentarios

movilidad

sucesos

medio ambiente

  • Últimas noticias

  • Más leído