Salvaterra de Miño será parada por terceiro ano consecutivo da xira “Lugares Máxicos” de Carlos Núñez. No verán de 2023 e 2024 o músico galego elixiu o recinto amurallado como escenario para un concerto que deixou sen palabras ás preto de mil persoas que asistiron ó concerto.
Este 2025 Carlos Núñez, quen acadou un Premio Grammy, actuou no Carnegie Hall de Nueva York e no Royal Albert Hall de Londres con artistas como Bob Dylan, Joni Mitchel, The Who ou Lou Reed entre outros; regresa nun concerto único incluido dentro do Verán Cultural 2025 de Salvaterra de Miño.
Salvaterra de Miño será testemuña deste concerto que será cita ineludible do verán.
As entradas xa están a venda no Museo da Ciencia do Viño o xoves e venres de 11:00 a 14:00 e 17:00 a 19:00 horas e tamén en ataquilla.com