• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    miércoles, 18 de mayo de 2022
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
  • O Castelo de Sobroso reabre as visitas ao público tras a súa musealización

    Desde hoxe pódese reservar praza para visitar a fortaleza na nova web www.castelodesobroso.com, que tamén amosa a historia do castelo e o seu espazo natural
    Redacción por Redacción
    13 de May, 2022
    en Ponteareas
    0
    O Castelo de Sobroso reabre as visitas ao público tras a súa musealización

    A Deputación investiu máis de 260.000 euros na musealización de Sobroso. / Foto: Deputación de Pontevedra.

    Comparte en FacebookComparte en Twitter

    “Sobroso é un castelo de guerra, o torreón de defensa, que domina a comarca e outea, desde as súas fiestras, dilatado treito de país”. Esta cita de Emilia Pardo Bazán, que se consideraba descubridora das súas ruínas, preside a portada da nova web do Castelo de Sobroso, que tras a súa recente musealización pola Deputación e tras as xornadas de portas abertas na Semana Santa, reabre as visitas ao público a partir deste sábado co sistema de reservas de prazas que xa está operativo na web www.castelodesobroso.com

    A nova páxina, que resume o seu contido na frase  “Unha historia, un castelo, unha experiencia para o recordo”, está dispoñible en tres idiomas: galego, castelán e inglés. Ademais de facilitar a xestión da reserva e compra de entradas, ofrece ampla información sobre a historia de Sobroso e as características da nova musealización, así como do espazo natural e a senda que rodean a fortaleza, xunto coa súa flora e fauna de grande interese ambiental.

    O castelo estará aberto de luns a domingo entre maio e outubro (no resto do ano pechará os luns) e tamén estará cerrado os días 1 e 6 de xaneiro, ademais do 24, 25 e 31 de decembro. Na web amósanse os horarios de visita (polas mañás estará aberto entre as 10 e as 13 horas e polas tardes das 16 ás 19 horas) e as persoas interesadas poderán elixir entre un total de 14 pases diarios dispoñibles, con visitas guiadas cada media hora. A duración dos percorridos é de 50 minutos e están deseñados para grupos dun máximo de 15 persoas, xa que están pensados para garantir a calidade das visitas dentro das sete salas musealizadas, así como a súa capacidade de aforo.

    No que atinxe ás tarifas, existe unha ordinaria de catro euros, e haberá descontos para familias numerosas, persoas desempregadas, estudantes, mentres que se establece a gratuidade para as excursións escolares programadas. Por outra banda, o 18 de maio, Día Internacional dos Museos, o acceso será gratuíto, ao igual que o Domingo do Corpus (este ano o 19 de xuño), coincidindo coa festa de Ponteareas declarada de Interese Turístico Internacional.

    A imaxe que hoxe en día loce o castelo é similar á que tivo cando foi chamado “a chave forte do Reino de Galicia”, grazas a última intervención realizada pola Deputación de Pontevedra. A institución investiu máis de 260.000 euros na recente musealización de Sobroso, que permitiu dotar ao recinto dun equipamento museográfico actual, baseado nas novas tecnoloxías, para potenciar o seu atractivo acorde coas tendencias da demanda turística. Deste xeito, a musealización representa un novo produto estratéxico para a comarca do Condado-Paradanta, que busca mobilizar o turismo familiar e atraer visitantes cara outras iniciativas turísticas xa existentes na contorna, como o termalismo ou a enogastronomía.

    O percorrido polas distintas salas abrangue sete temáticas: ‘Sobroso na paisaxe‘, cunha impresión fotográfica dun gran mapa no chan e caixas retroalimentadas con imaxes nas paredes; ‘A historia do Castelo e os seus habitantes‘; cun audiovisual que narra a vida na fortaleza medieval; ‘O castelo, protagonista na Idade Media’, cunha montaxe con elementos téxtiles e módulos de personaxes como Urraca I de León, Alfonso VII de León, Dinis de Portugal ou Isabel de Aragón; ‘O castelo, da destrución á recuperación’, que consiste nun ‘videomapping’ para simular a destrución e reconstrución do castelo sobre as propias pedras, centrándose nos cambios experimentados no século XX e no papel desenvolvido polo xornalista Alejo Carrera; ‘A construción do Castelo’, con paneis gráficos sobre os traballos para erixir a fortaleza; ‘Os seres máxicos e a auga’, que inclúe lendas dos bosques de Sobroso nun ambiente iluminado especialmente para a ocasión; e ‘Os castelos, escenario de trobadores’, onde se recupera a tradición oral en torno ao castelo e a súa contorna. A visita remata co acceso á terraza, situando as e os visitantes na comarca e nos recursos da mesma.

    O bosque que rodea á fortaleza é tamén un museo vivo. Para divulgar os singulares valores da finca creouse unha senda botánica que se percorre a través dun sinxelo paseo circular. Durante o percorrido, varios paneis con QR acompañan ás persoas visitantes no descubrimento das especies clave que logran o equilibrio do bosque, convertendo a visita nunha pequena aventura. Na páxina web inclúese, amais da información sobre a senda e o bosque, un apartado con fotos da fauna existente. Trala reforestación levada a cabo pola Deputación, numerosos animais obteñen na finca o alimento e refuxio que lles proporciona este bosque atlántico.

    Tags: Castelo do SobrosoDeputación de PontevedraPonteareas

    RelacionadosArtículos

    Rías Baixas Fest, siete festivales de música creados para “recuperar la sonrisa” tras la pandemia
    Música

    Rías Baixas Fest, siete festivales de música creados para “recuperar la sonrisa” tras la pandemia

    10 de May, 2022
    Pasa a disposición judicial el sospechoso de causar 12 incendios forestales en Ponteareas y Salvaterra
    Ponteareas

    Pasa a disposición judicial el sospechoso de causar 12 incendios forestales en Ponteareas y Salvaterra

    09 de May, 2022
    O programa Inspira Steam da Uvigo e a Deputación xa fomenta vocacións entre 1.553 alumnas
    Ciencia y Tecnología

    O programa Inspira Steam da Uvigo e a Deputación xa fomenta vocacións entre 1.553 alumnas

    09 de May, 2022
    Vigo recibe un Cristo de seis metros y seis toneladas para instalarlo en A Guía
    Local

    Vigo recibe un Cristo de seis metros y seis toneladas para instalarlo en A Guía

    05 de May, 2022
    La protectora Os Biosbardos, “sin palabras” tras la intervención artística de Eva Casais
    Ponteareas

    La protectora Os Biosbardos, “sin palabras” tras la intervención artística de Eva Casais

    03 de May, 2022
    Deputación e Concello de Vigo enchen de cor o CEIP Balaídos coa nova cuberta do patio
    Local

    Deputación e Concello de Vigo enchen de cor o CEIP Balaídos coa nova cuberta do patio

    28 de Abr, 2022

    Más Vistos

    El nuevo hotel de Samil ya permite reservar sus habitaciones, de hasta 450 euros

    El nuevo hotel de Samil ya permite reservar sus habitaciones, de hasta 450 euros

    por David Lorenzo
    10 de May, 2022
    0

    La fuente más antigua de la ciudad de Vigo

    La fuente más antigua de la ciudad de Vigo

    por Julio Alonso
    14 de May, 2022
    0

    Fallece una niña en Vigo tras recibir un fuerte golpe en la cabeza

    Fallece una niña en Vigo tras recibir un fuerte golpe en la cabeza

    por Redacción
    16 de May, 2022
    0

    La espectacularidad de Vialia

    La espectacularidad de Vialia

    por Julio Alonso
    16 de May, 2022
    0

    Una gran tormenta cruza el área de Vigo descargando granizo y rayos

    por Redacción
    14 de May, 2022
    0
    Una gran tormenta cruza el área de Vigo descargando granizo y rayos
    Local

    La jornada de sol y bochorno, con temperaturas que rondaron los 30 grados, acabó con una gran tormenta en el...

    Leer mas

    Manos arriba en defensa del último tramo virgen de la costa de Vigo: «Salvemos Cabo Estai»

    por Redacción
    14 de May, 2022
    0
    Manos arriba en defensa del último tramo virgen de la costa de Vigo: «Salvemos Cabo Estai»
    Local

    Vestidos con monos blancos y con sus manos alzadas, vecinos de San Miguel de Oia y miembros de colectivos ecologistas...

    Leer mas

    Tal día como hoy…

    • 1890

      O movemento obreiro vigués acorda xornadas de traballo de oito horas

    • O movemento obreiro vigués acorda xornadas de traballo de oito horas
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    ¡Bienvenido/a!

    Inicia sesión con los siguientes datos

    Recuperar contraseña

    Recupera tu contraseña

    Introduce tu usuario y correo para resetear tu contraseña.

    Iniciar sesión
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado

    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.

    Non-necessary

    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.

    GUARDAR Y ACEPTAR