La Guardia Civil investiga penalmente a un vecino de Mondariz por quebrantar una orden de alejamiento de su expareja, decretada por sentencia judicial como consecuencia de un caso de violencia de género.
Os nenos e nenas dos concellos de Mondariz e de Covelo terán a súa consulta de pediatría no centro de saúde de Mondariz a partir do próximo 1 de xuño. É a decisión que adoptou a dirección da área sanitaria de Vigo e que beneficiará á poboación infantil destes dous concellos, que non terán que desprazarse ata Ponteareas como o veñen facendo na actualidade.
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda está a traballar na modernización e actualización dos dispositivos para ao seguimento e información meteorolóxica e de calidade do aire, polo que ao longo do mes de marzo se instalarán 12 novas estacións meteorolóxicas e 21 pantallas de información en case 30 concellos galegos, catro deles da área metropolitana de Vigo.
O deputado provincial de Cooperación, Carlos López Font, xunto ao alcalde de Mondariz, Xoán Carlos Montes, visitaron este mércores as obras para a dotación de novas infraestruturas nos campos municipais de fútbol da Lagoa.
A Deputación de Pontevedra, en Xunta de Goberno, vén de darlle o visto bo á primeira concesión de subvencións do Plan Concellos 2019 correspondentes á Liña 2 para amortizacións, pago de débedas, gastos correntes e actividades, por valor de case 1 millón de euros. “Seguimos aprobando medidas que permiten aos concellos seguir adiante e pór en marcha actividades básicas para mellorar a calidade de vida da veciñanza, como poden ser programacións culturais, eventos turísticos e deportivos ou obradoiros educativos”, explicou a presidenta provincial Carmela Silva.
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, informou en rolda de prensa do inicio das obras de reforma do Castelo de Sobroso, que comezarán no vindeiro mes de febreiro. Tal e como explicou Silva, levaranse a cabo dúas actuacións. Por unha banda, rehabilitarase a antiga cafetería para convertela nun espazo de usos múltiples. Por outra, impulsarase a creación dun “Xardín do Corpus” que estará situado na entrada principal do castelo.