27052019Lun
Última edición: Lun, 27 May 2019 10am

A antiga escola fogar de Mondariz-Balneario será residencia de maiores

O proxecto prevé engadir o uso asistencial ao educativo nestas instalacións

10 Marzo 2016 por
Valora este artículo
(0 votos)
A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, mantivo este mércores un encontro co alcalde de Mondariz-Balnerario. / Foto: Xunta A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, mantivo este mércores un encontro co alcalde de Mondariz-Balnerario. / Foto: Xunta

A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, mantivo este mércores un encontro co alcalde de Mondariz-Balnerario para axilizar a tramitación da modificación puntual do Proxecto de ordenación do medio rural que pretende ampliar de educativo a asistencial os usos permitidos nas instalacións da antiga escola fogar.

Con este cambio na ordenanza o concello pretende dar utilidade a esta infraestrutura, situada preto da praza do concello e que, tras a súa inauguración no ano 1953 como centro educativo, estivo operativo durante 62 anos ata o seu peche.

Neste senso, a secretaria xeral comunicou ao alcalde que o seguinte paso será proceder á aprobación inicial do documento polo Pleno Municipal, antes da entrada en vigor, o vindeiro día 19 de marzo, da nova Lei 2/2016 do Solo de Galicia, para a continuación sometelo a exposición pública. O feito de contar co acordo do pleno, previo á entrada en vigor da nova normativa autonómica, permitirá continuar coa tramitación actual do documento.

Pola súa banda, o alcalde trasladou que a modificación Puntual, na que se descartan os usos residenciais e hoteleiros, permitirá darlle unha nova vida ás instalacións -actualmente en desuso- como residencia, o que suporá e acometer melloras de cara a posta en valor do edificio.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

elecciones municipales

pp

PSOE

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos