17072019Mié
Última edición: Mar, 16 Jul 2019 11pm

colaboración

Técnicos da Deputación supervisarán as deficiencias do pavillón de Mondariz

Carmela Silva tamén entregou o alcalde o convenio de colaboración entre ambas institucións para o análise da rede de saneamento da localidade

02 Febrero 2016 por
Valora este artículo
(0 votos)
Pavillón de Mondariz. Pavillón de Mondariz.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, comprometeuse este martes na súa visita ao concello de Mondariz, a enviar algún técnico da institución provincial para comprobar o pavillón de deportes que presentas algunhas deficiencias que impide que se desenvolva nel algunhas actividades.

Silva recolleu así a demanda do alcalde de Mondariz, Xoán Carlos Montes, que recordou que o pavillón fora entregado polo anterior goberno da Deputación ao concello o pasado mes de agosto de 2014 e que está a presentar diversos problemas que provocan que non se poda usar ao cen por cen. A presidenta considerou lóxico facer unha inspección dunha obra entregada fai menos de dous anos e que agora presente problemas, polo serán os técnicos os que analizarán o estado desta infraestrutura.

Po outra parte, Carmela Silva tamén entregou o alcalde o convenio de colaboración entre ambas institucións para o análise da rede de saneamento da localidade. Cun orzamento de 39.199 euros a Deputación analizará toda a rede de saneamento e depuración de augas de Mondariz xa que está a presentar diversos problemas nos colectores de recollida das augas provocando sobre custes moi importantes para o concello na depuradora. Para poñer en marcha o proxecto é necesario que o concello de Mondariz déalle o visto bo e se firme por ambas partes.

A presidenta da Deputación subliñou tamén a importancia de contar coas aportacións do concello de Mondariz no plan integral de turismo para toda a provincia, "dada a importancia de Mondariz como un referente de primeiro orde en materia turística na provincia". No encontro, ambos mandatarios apostaron polo turismo como dinamizador económico da poboación coas posibilidades que ofrecen as rutas de senderismo e o ecoturismo.

Por último, dentro do clima de cordialidade existente entre os representantes de ambas institucións que tanto Silva como Montes destacaron este martes, a presidenta informoulle o alcalde que o concello de Mondariz vai recibir un total de 463.588, 20 euros, un 31 por cento máis do que recibiu no pasado 2015, con arreglo ao Plan Concellos 2016. "A colaboura da Deputación con todos os concellos é máxima sempre dentro do respeto e responsabilidade institucional de cada quen", concluíu a presidenta.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

vigo en festas 2019

vigo

turismo

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos