20102019Dom
Última edición: Sáb, 19 Oct 2019 8pm

rutas guiadas

Medio centenar de ponteareanos "descobren" Lalín

A Deputación continúa co programa de excursións organizadas de "Coñece a túa provincia"

05 Diciembre 2015 por
Valora este artículo
(0 votos)
A casa Museo Ramón María Aller é unha das paradas dos excursionistas de "Coñece a túa provincia". A casa Museo Ramón María Aller é unha das paradas dos excursionistas de "Coñece a túa provincia".

Medio centenar de socios do colectivo veciñal A Pena do Equilibrio de Arcos (Ponteareas) participa este domingo nunha das excursións do programa ‘Coñece a túa provincia’, unha iniciativa da Deputación de Pontevedra que pon ao alcance das entidades sociais a descuberta de paraxes turísticas próximas, ao tempo que promove a convivencia e o asociacionismo.

Nesta ocasión, os 55 participantes visitarán o núcleo urbano de Lalín así como outros lugares de interese da zona, como o mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro, a fervenza do Toxa, o Museo Ramón María Aller e o conxunto etnográfico de Codeseda.

O programa ‘Coñece a túa provincia’ , impulsado a través dos servizos sociais da Deputación de Pontevedra, inclúe 18 rutas turísticas deseñadas para visitar nun día. A xornada de convivencia inclúe traslados en autocar, guías informativas, seguro de viaxe, manutención e visitas. Poden participar as entidades de iniciativa social da provincia (de maiores, mulleres, mozos, persoas con diversidade funcional, veciños, familias e menores).

Pódese obter máis información sobre o programa e as diferentes rutas na web da Deputación de Pontevedra: http://www.depo.es/web/edepo/859

Inicia sesión para enviar comentarios

sucesos

economía

economía

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos