13112019Mié
Última edición: Mar, 12 Nov 2019 9pm

Ponteareas licita a humanización da rúa Redondela por 520.000 euros

As obras, que tamén contemplan a renovación da rede de saneamento, comezarán este ano e introducirán cambios de tráfico

19 Octubre 2019 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Presentación do proxecto. / Foto: Concello de Ponteareas Presentación do proxecto. / Foto: Concello de Ponteareas

O Concello de Ponteareas dá un paso máis na transformación do núcleo urbano, agora coa obra de humanización da rúa Redondela, que vén de saír a licitación por un importe de 520.226 euros. O prazo para que as empresas poidan presentar as súas ofertas expira o 30 de outubro e os trabajos comezarán antes de finais de ano.

O alcalde, Xosé Represas, explicou que a veciñanza da zona recibiu información sobre a transformación a realizar e que se reuniu cos técnicos redactores do proxecto, podendo trasladar as súas suxestións e necesidades chegando mesmo a ser partícipe da proposta que se vai executar.

A opinión maioritaria decantouse pola alternativa que supón un maior grao de humanización da rúa. Deste xeito, o proxecto contempla, segundo adianta a concelleira de Vías e Obras, Chus Garrote, un único sentido de circulación desde a rotonda da estrada de As Neves até o entronque da rúa Redondela coa rúa das Pombas. Desde aí ata a rotonda do Axente Comercial manterase o dobre sentido de circulación. A alternativa escollida contempla a ampliación substancial das beirarrúas que oscilarán entre os 2,50 metros e un máximo de 6 metros.

Ademais contémplase a plantación de 27 árbores e a instalación de 12 lámpadas con tecnoloxía LED, seis bancos, papeleiras, dispensadores de bolsas para excrementos de cans e paneis informativos para colocación de información municipal. Tamén se reducirá o límite de velocidade aos 30 km/h e créase unha zona a maiores de carga e descarga

Inicia sesión para enviar comentarios

mar

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos