17092019Mar
Última edición: Mar, 17 Sep 2019 8pm

Aberta a inscrición para a andaina polo parque da Canuda de Salvaterra e o paseo fluvial a Fillabona

A Deputación de Pontevedra porá autobuses desde a Praza de España de Vigo para achegarse á actividade

20 Agosto 2019 por
Valora este artículo
(1 Voto)
A área recreativa da Canuda. / Foto: Turismo Rías Baixas A área recreativa da Canuda. / Foto: Turismo Rías Baixas

A Deputación de Pontevedra acaba de abrir o prazo de inscrición para unha nova DepoAndaina, que se desenvolverá o día 1 de setembro polo concello de Salvaterra de Miño. Trátase da cuarta ruta das sete programadas e que a institución provincial desenvolve para fomentar hábitos de vida saudable e promover o turismo.

O itinerario percorrerá o Parque da Canuda e o paseo fluvial á Illa de Fillabona, no Baixo Tea. É unha ruta só de mañá, no que as persoas inscritas poderán trasladarse a Salvaterra en autobús (as saídas serán desde a praza de Galicia de Pontevedra e a praza de España de Vigo), e terán un tempo de descanso despois da ruta para que podan afondar nos recursos turísticos da zona.

Como no resto das DepoAndainas, a Deputación oferta 300 prazas, dirixidas a persoas de toda a provincia, independentemente da súa idade. Ademais, o Concello de Salvaterra poderá ofertar outras 50 prazas adicionais. As persoas interesadas en participar neste percorrido deberán cumprimentar o formulario de inscrición no apartado das DepoAndainas da páxina web www.depo.gal, con data límite do vindeiro 28 de agosto.

A programación continuará despois desta ruta coa quinta andaina, que se celebrará o 22 de setembro polo Bosque encantado en Cangas e polas Illas Cíes en Vigo (o prazo de inscrición se abre o 2 de setembro) e xa en outubro terán lugar as dúas últimas rutas: o día 6 polo monte de Santa Trega na Guarda e os muíños do Folón no Rosal (as persoas interesadas poderán apuntarse desde o 23 de setembro) e o día 12 pola ruta da Pedra e da Auga de Ribadumia (abre o prazo o 30 de setembro).

Inicia sesión para enviar comentarios

movilidad

marítima

semana europea de la movilidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos