Imprimir esta página

O centro de saúde de Mondariz volverá ter atención pediátrica

A partir do 1 de xuño, a consulta será atendida polo médico que viña realizando estas funcións en Ponteareas

20 Mayo 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Entrada ao centro de saúde de Mondariz. / Imaxe: G. Maps Entrada ao centro de saúde de Mondariz. / Imaxe: G. Maps

Os nenos e nenas dos concellos de Mondariz e de Covelo terán a súa consulta de pediatría no centro de saúde de Mondariz a partir do próximo 1 de xuño. É a decisión que adoptou a dirección da área sanitaria de Vigo e que beneficiará á poboación infantil destes dous concellos, que non terán que desprazarse ata Ponteareas como o veñen facendo na actualidade.

A consulta estará aberta tres días á semana no centro de saúde de Mondariz e será atendida polo pediatra que viña realizando esta prestación en Ponteareas, onde estaba centralizada a totalidade da atención pediátrica da comarca.

O municipio de Mondariz ten unha poboación de 461 menores en idade pediátrica. O de Covelo conta con 124 habitantes con menos de 15 anos.

A consulta de Pediatría houbo de centralizarse en Ponteareas cando o pediatra que prestaba os seus servizos no centro de saúde de Mondariz causou baixa temporal e non foi substituído.