24032019Dom
Última edición: Sáb, 23 Mar 2019 10pm

Catro concellos da área de Vigo contarán con novas estacións de Meteogalicia

Os datos que recollan sobre o tempo poderanse consultar en tempo real a partir de abril na web do organismo autonómico

05 Marzo 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Unha estación de Meteogalicia. / Foto: VIGOÉ Unha estación de Meteogalicia. / Foto: VIGOÉ

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda está a traballar na modernización e actualización dos dispositivos para ao seguimento e información meteorolóxica e de calidade do aire, polo que ao longo do mes de marzo se instalarán 12 novas estacións meteorolóxicas e 21 pantallas de información en case 30 concellos galegos, catro deles da área metropolitana de Vigo.

Así, procederase á instalación de novas estación meteorolóxicas en Mondariz, O Porriño, As Neves e Baiona; vila esta última na que tamén se instalarán os paneis informativos. Aínda que Mondariz xa conta cunha estación na zona de Queimadelos, o resto de localidades carecen a día de hoxe deste servizo.

Os novos dispositivos ampliarán a actual rede, composta por mais de 150 aparatos ao longo da xeografía galega; para o seguimento meteorolóxico, a detección de fenómenos adversos meteorolóxicos, a elaboración da predición meteorolóxica e fines climáticos e agrometeorolóxicos.

Estas están dotadas con sensores de velocidade e dirección do vento, humidade, presión, choiva, temperatura exterior e tamén temperatura no interior do chan e sobre o chan (a 10 cm de profundidade e a 10 de altura sobre o solo).

A previsión é iniciar nos próximos días a súa instalación, traballos que rematarán a finais deste mes, e a partir dese momento os datos estarán dispoñibles a tempo real na páxina web de MeteoGalicia (www.meteogalicia.es) e tamén na aplicación móbil de MeteoGalicia.

Asemade, outra liña de actuación da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático céntrase na instalación e posta en marcha de pantallas dixitais, co fin de mellorar a información á poboación no eido da calidade do aire e a meteoroloxía. Estes dispositivos tamén permiten a facer públicos outras cuestións de interese para a cidadanía, como os avisos ante fenómenos meteorolóxicos extremos ou posibles eventos sobre a calidade do aire.

Estas pantallas, co-financiadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, serán instaladas e postas en funcionamento en varias cidades e pobos de Galicia, en distintos puntos de interese da nosa Comunidade.

A información que proporcionarán as pantallas será específica para o lugar pero tamén para o tipo de localización, diferenciando a información de interese segundo a zona -costa (temperatura da auga, ondas, mareas...) ou interior- e estación cálida ou fría -será diferente no verán e no inverno- e haberá un apartado especial dedicado aos avisos meteorolóxicos e de calidade do aire.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

medio ambiente

sanidad

música

vigo

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos