19112019Mar
Última edición: Mar, 19 Nov 2019 12pm

O Plan de Reequilibrio da Deputación permite reformar os campos da Lagoa

Con financiamento íntegro de case 530.000 euros, Carlos Font e Xoán Carlos Montes coincidiron na importancia deste proxecto para dotar a Mondariz “de equipamentos deportivos do século XXI”

06 Febrero 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Proxecto de reforma. / Foto: Deputación Proxecto de reforma. / Foto: Deputación

O deputado provincial de Cooperación, Carlos López Font, xunto ao alcalde de Mondariz, Xoán Carlos Montes, visitaron este mércores as obras para a dotación de novas infraestruturas nos campos municipais de fútbol da Lagoa.

É un proxecto incluído no Plan de Reequilibrio da Deputación, cun orzamento de 529.962,41 €, que son financiados integramente pola institución provincial. Un total de 423.969,92 € achégaos a Deputación a través deste plan provincial e os 105.992,49 restantes, con cargo ao municipio, proveñen do Plan Concellos 2018 e 2019.

O deputado Font salientou a importancia de iniciativas coma este Plan de Reequilibrio, “que permite aos concellos abordar proxectos coma este da Lagoa, que doutro xeito sería impensable e imposible para municipios como Mondariz. Hai que destacar que plans coma este e outros, coma o DepoRemse, están acertando plenamente ao atender as necesidades e demandas reais dos concellos”. López Font amosou a súa satisfacción porque “A Lagoa vai quedar nunha situación inmellorable e vamos ademais dar resposta a unha das demandas máis fortes hoxe en día, que é a do deporte, atendendo a todos e todas, á poboación maior, pero sobre todo á xente máis pequena do municipio”.

López Font explicou que os traballos que se están realizando nos campos municipais da Lagoa “están pensados non só para o seu efecto inmediato, senón para o futuro, para cubrir as necesidades que poidan ir xurdindo nos próximos anos con novos servizos na zona”. O deputado de Cooperación resaltou ademais a boa sintonía de traballo conxunto entre Deputación e concello de Mondariz para sacar adiante proxectos coma este, “só cabe felicitar a Mondariz. Unha cousa é que a Deputación poñan fondos a disposición dos municipios e outra é que os concellos teñan proxectos viables, maduros e desta envergadura”.

20190206 visita obras mondariz pabellon 30
Pola súa parte, o alcalde de Mondariz aproveitou para felicitar á Deputación polo traballo conxunto e polo apoio constante aos concellos. “Quero facer unha mención especial ao Plan de Reequilibrio, xa que un investimento coma este sería impensable para un concello coma o noso, e grazas a el, podemos levar a cabo proxectos coma este que satisfai as demandas da veciñanza. Aquí temos equipos de nenos, de nenas, mixtos e todos eles merecen un espazo digno, de calidade e con todas as necesidades cubertas”. Xoán Carlos Montes animou ao Goberno provincial a seguir implementando actuacións coma esta da Lagoa, “xa que son unha aposta polo rural, permiten fixar poboación e que vaiamos medrando pouco a pouco, sen que a nosa xente teña que marchar a outros sitios, neste caso para practicar deporte”.

Máis polo miúdo, este proxecto consiste na reorganización e a optimización no funcionamento e mellora das instalacións deportivas existentes na actualidade na Lagoa. Agora, este equipamento deportivo conta, baixo as gradas, cuns aseos públicos obsoletos e non accesibles, un almacén e unha cantina, así como un espazo de vestiarios que non cubre as necesidades funcionais. O que persegue o proxecto é reubicar os espazos e unificalos nunha soa zona, de maneira estratéxica para dar servizo aos dous campos existentes. Haberá aseos para uso xeral, zona de cantina, almacén, zona de lavandaría e un despacho administrativo. Ampliarase a superficie dos vestiarios para unhas instalacións que cubran as necesidades das persoas usuarias.

Máis de 5,1 millóns de euros investidos en Mondariz
A Deputación de Pontevedra, no que vai de mandato, ten investido en Mondariz máis de 5,1 millóns de euros, o maior investimento feito neste municipio na historia da Deputación. Só co Plan Concellos, a través da Liña 1, Mondariz puido financiar estes anos un total de 42 actuacións. Ao abeiro da Liña 3 de Emprego do Plan Concellos, nesta lexislatura Mondariz puido contratar a 67 traballadoras e traballadores municipais (neste ano 2019, son 11 as persoas a contratar). No vixente Plan Concellos, Mondariz dispón de 527.561,50 euros, un 3% máis que no exercicio anterior.

Inicia sesión para enviar comentarios

navidad

comercio

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos