17082019Sáb
Última edición: Jue, 15 Ago 2019 7pm

Os bombeiros de Ponteareas incorporan cámaras térmicas e material de rescate en altura

O Concello vén de mercar varios equipamentos para o servizo como balizas luminosas, equipos de respiración autónomos e ferramentas para a excarceración en accidentes de tráfico

04 Febrero 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Entrega do novo material. / Foto: Concello de Ponteareas Entrega do novo material. / Foto: Concello de Ponteareas

O Concello de Ponteareas vén de adquirir diverso material para mellorar o equipamento dos bombeiros da vila. Entre os obxectos mercados atópanse tres cámaras térmicas individuais para ver en situacións de incendios, fume intenso e localización de persoas, ferramentas de rescate en altura, un xogo de balizas luminosas para sinalizar, material de ximnasio e unha pértega de fibra de carbono máis manexable e dunha soa peza.

Ademais, comprouse un cargador de botellas para equipos de respiración autónomos máis moderno capaz de cargar dúas botellas en dez minutos. “O que tiñan os nosos bombeiros cargaba só unha botella e tardaba vinte minutos. Dispor de equipos eficientes e eficaces é fundamental e decisivo en moitos casos de emerxencias”, explicou a concelleira de Seguridade Cidadá, Vanesa Fernández.

O Concello tamén mercou un estabilizador de vehículos para enderezar automóbiles  envorcados e que tamén facilita o acceso aos bombeiros que poden utilizalo para subir.

Finalmente, adquiriuse unha bomba de achique para o camión, que se poderá usar en lugares onde non haxa corrente eléctrica e unha bomba nova de excarceración menos pesada e con mellores prestacións.

Inicia sesión para enviar comentarios

Encuesta

¿Cuál ha sido el concierto de Castrelos que más te ha gustado?

celta

el vigo de otra época

  • El Tranvía a Baiona y Gondomar
    El Tranvía a Baiona y Gondomar En los años 20 del siglo pasado Vigo ya disponía de un magnífico servicio de cercanías gracias al ferrocarril de vía estrecha que nos acercaba a O Porriño por un lado y a Gondomar y Baiona por otro. Desgraciadamente por…
    Leer más...

rutas

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos