27052019Lun
Última edición: Lun, 27 May 2019 10am

O Goberno provincial aproba axudas para actividades municipais, débedas e gasto corrente

Un total de 22 concellos da provincia son os primeiros beneficiarios destas partidas

03 Febrero 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Xunta de Goberno./ Foto: Deputación Xunta de Goberno./ Foto: Deputación

A Deputación de Pontevedra, en Xunta de Goberno, vén de darlle o visto bo á primeira concesión de subvencións do Plan Concellos 2019 correspondentes á Liña 2 para amortizacións, pago de débedas, gastos correntes e actividades, por valor de case 1 millón de euros. “Seguimos aprobando medidas que permiten aos concellos seguir adiante e pór en marcha actividades básicas para mellorar a calidade de vida da veciñanza, como poden ser programacións culturais, eventos turísticos e deportivos ou obradoiros educativos”, explicou a presidenta provincial Carmela Silva.

Son 22 concellos os primeiros beneficiarios destas partidas da Liña 2 do Plan Co0ncellos 2019: Agolada, Bueu, Cambados, A Cañiza, Fornelos de Montes, O Grove, A Guarda, Lalín, A Lama, Meis, Mondariz, Mondariz Balneario, Moraña, As Neves, Oia, Ponte Caldelas, Portas, Ribadumia, O Rosal, Sanxenxo, Silleda e Vilagarcía. En concreto, trátase de subvencións por un valor total de 972.436,85 euros. Permitiránlles aos municipios custear os gastos de amortización de débedas e gastos correntes, así como actividades municipais, tales como programacións culturais, obradoiros, actuacións musicais, festas e feiras ou actividades deportivas e educativas.

Máis polo miúdo, na comarca do Deza, Agolada recibirá unha partida de 2.000 euros para o Campus infantil e a liga de fútbol 7. Silleda contará con 71.127 euros para a recollida e transporte de residuos sólidos urbanos e gasto corrente novo. Por un total de 101.643,64 euros, Lalín vaise beneficiar de achegas para financiar a XIV Bienal de Lalín, os campamentos deportivos de verán, o Orgullo 2019, o Festival Lusco&Fusco, o Certame de Mellora Estética de Lalín, o circuíto de Cine no Rural e un obradoiro de robótica para nenas e nenos.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

elecciones municipales

pp

PSOE

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos