24032019Dom
Última edición: Sáb, 23 Mar 2019 10pm

A Deputación inicia en febreiro as obras de reforma do Castelo de Sobroso

Contará cun espazo de usos múltiples e o novo "Xardín do Corpus"

28 Enero 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Castelo de Sobroso./ Foto: turismoriasbaixas Castelo de Sobroso./ Foto: turismoriasbaixas

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, informou en rolda de prensa do inicio das obras de reforma do Castelo de Sobroso, que comezarán no vindeiro mes de febreiro. Tal e como explicou Silva, levaranse a cabo dúas actuacións. Por unha banda, rehabilitarase a antiga cafetería para convertela nun espazo de usos múltiples. Por outra, impulsarase a creación dun “Xardín do Corpus” que estará situado na entrada principal do castelo.

Máis polo miúdo, o novo espazo de usos múltiples concibirase como unha sala na que se poidan celebrar actividades didácticas e charlas de diverso tipo. Así mesmo, está previsto que se complemente esta actuación coa adecuación da contorna exterior para convertela nun espazo de picnic con servizo de auga potable e bancos con mesas. Ademais, Silva recordou que “por este lugar transcorre a senda do bosque atlántica, sinalizada con códigos QR, polo que a actuación tamén permitirá mellorar o propio traxecto da senda”. Así mesmo, a presidenta puntualizou que Patrimonio autorizou a demolición dun vello almacén situado no entorno.

En canto á segunda actuación, a creación do “Xardín do Corpus” partiu dunha proposta do concello de Ponteareas. Este novo espazo verde estará situado na parte baixa da finca, na entrada principal e preto da aula de usos múltiples. Silva explicou que se prevé facer unha plantación de 300 buxos a cada lado da pista de entrada e nos socalcos. Ademais, plantaranse 300 hortensias aproveitando o muro perimetral de peche e na contorna da vella caseta do bar. Nas dúas áreas existentes máis planas a dita caseta tamén se plantarán 150 camelias e outras 50 replantaranse noutro espazo. 

Por último, a presidenta da Deputación indicou que se está levando a cabo un tratamento para evitar o rebrote de especies invasoras erradicadas, principalmente eucaliptos e algunhas acacias. Está previsto que cando remate dito tratamento, se inicien os traballos para repoboar este espazo con especies propias do bosque atlántico como os carballos, os castiñeiros e as sobreiras. 

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

medio ambiente

sanidad

música

vigo

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos