23082019Vie
Última edición: Jue, 22 Ago 2019 10pm

Ponteareas delimitará a fonte do Baratillo para reparala despois de que un coche chocara contra ela

O Concello tomará esta medida para que non haxa “ningún risco para a cidadanía”

18 Enero 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
A fonte do Baratillo, a día de hoxe. / Foto: PP de Ponteareas A fonte do Baratillo, a día de hoxe. / Foto: PP de Ponteareas

A Concellería de Vías e Obras de Ponteareas procederá a delimitar de xeito provisional o entorno da fonte do Baratillo para que non entrañe “ningún risco para a cidadanía”. O muro que delimita esta céntrica fonte foi danado cando un vehículo impactou de madrugada desprazando a varanda granítica perimetral, que acabou derrubada debido ao impacto.

Mentres non chega a autorización da Dirección Xeral de Patrimonio necesaria para volver colocar as pedras orixinais cun camión grúa, o Concello sinalizará a zona como medida preventiva.

Con respecto a este asunto, o PP, partido da oposición, denunciou o “abandono” que sofre a fonte porque “hai máis de dous meses” que se produciu o accidente e as pedras “seguen alí tiradas, sen ser colocadas, e supoñen un perigo para calquera veciño ou neno que pase por alí”.

O Baratillo foi restaurada, xunto á praza na que se atopa no ano 2013 e forma parte do inventario de Bens do Patrimonio Cultural de Ponteareas. Así, os ‘populares’ instaron ao goberno de Xosé Represas que acometa as obras de recuperación desta fonte canto antes.

Inicia sesión para enviar comentarios

transporte

navidad 2019

mar

celta

patrimonio de la humanidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos