23072019Mar
Última edición: Mar, 23 Jul 2019 9pm

Salvaterra de Miño inicia a busca de 20 traballadores municipais

O Concello recibirá 165.000 euros da Deputación de Pontevedra para contratar distintos perfís profesionais

16 Enero 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
A Casa do Concello de Salvaterra do Miño. A Casa do Concello de Salvaterra do Miño.

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobará este venres unha partida de 165.341 euros para que o Concello de Salvaterra de Miño poida contratar a 20 novos traballadores municipais ao abeiro da Liña 3 do Plan Concellos 2019. Os empregados dedicaranse a labores de conservación e funcionamento de bens e servizos.

En concreto, a administración local contratará a un vixiante de seguridade, un socorrista, unha persoa para limpeza a xornada completa durante dez meses; dúas persoas para información turística en xornada de 35 horas semanais durante dez meses; dúas persoas peón de construción en xornada de 35 horas á semana durante sete meses; dúas persoas para a recollida do lixo, dous varredores, un condutor, un oficial de albanelaría, un animador sociocultural e un fontaneiro en xornada de 35 horas á semana durante 6 meses; dúas persoas para limpeza, dous monitores deportivos e un cobrador en xornada de 30 horas á semana durante dous meses.

Salvaterra de Miño conta este ano, a través do Plan Concellos, cun total de 756.382 euros, o que supón un 3,32% máis que no exercicio anterior. Para a liña 1 -de investimentos- dispón dun total de 522.277 euros, para a liña 2 -amortización, pago de débedas e gastos correntes- conta con 67.890 euros e para a liña 3 son os case 166.000 euros aprobados.

No total da provincia, a Deputación de Pontevedra pon a disposición dos 59 municipios, co Plan Concellos 2019, case 43,5 millóns de euros, o que supón un 3,3% máis que en 2018. No que respecta á liña 1, a institución provincial pon a disposición dos concellos 30 millóns de euros; no caso da liña 2 -de amortización, pago de débedas e gastos correntes- son 3,9 millóns; e por último, para a liña 3 -para contratación de persoal- irán 9,5 millóns de euros.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

vigo en festas 2019

vigo

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos