17012019Jue
Última edición: Mié, 16 Ene 2019 9pm

Elecciones Municipales 2019

O PSOE de Ponteareas acusa ao PP de plaxiar seu lema de campaña

Instan ao Partido Popular de Ponteareas a cambiar o seu lema de campaña ao considerar que foi plaxiado ao Partido Socialista

12 Enero 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Cartel do PP. Cartel do PP.

O Partido Socialista denunciou este sábaado que o Partido Popular de Ponteareas plaxiou o seu lema de campaña ("Agora, Ponteareas") e instou aos populares a unha modificación inmediata de todo o seu material de campaña para evitar confusións innecesarias.

Os socialistas de Ponteareas explican que veñen empregando o lema “Agora, Ponteareas” seguindo a liña marcada polo PSOE federal co lema “Ahora, tu país” e “Agora, o teu país”, desde que Pedro Sánchez foi investido Presidente do Goberno.

"Este non é un problema menor", segundo o PSOE ponteareáns, pois entenden que o seu lema engloba e representa a súa xestión fronte o goberno de Ponteareas, así como as súas liñas programáticas. Deste xeito, entenden, non poden permitir un plaxio destas características.

O Partido Socialista de Ponteareas considera esta manobra de plaxio do PP local "un acto de contraprogramación desesperada de quen non ten un proxecto" político. “O Partido Popular está nunha encrucillada, non ten proxecto que comunicar aos veciños e veciñas e a súa estratexia pasa por obstaculizar e intentar distorisionar a xestión do Partido Socialista fronte ao goberno de Ponteareas”, sinala Diego M. Groba, responsable de comunicación do Partido Socialista de Ponteareas.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

marítima

vigo

emprego

deporte

sanidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos