21082018Mar
Última edición: Mar, 21 Ago 2018 12pm

Comeza a funcionar a zona azul de Ponteareas

O aparcamento regulado, que será de balde, operará inicialmente cun período informativo e durante agosto non haberá multas

10 Agosto 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Un dos novos parquímetros. / Foto: Concello de Ponteareas Un dos novos parquímetros. / Foto: Concello de Ponteareas

Os parquímetros da zona azul de Ponteareas xa están operativos na vila do Tea. Durante o mes de agosto procederase a un período de adaptación e información no que non se producirán denuncias por infraccións á ordenanza, pero esta será de obrigatorio cumprimento a partir do 1 de setembro.

Desde esa data Policía Local poderá denunciar a todos os vehículos que cometan infraccións e non coloquen o tícket nun lugar visible do vehículo. O horario da zona azul será de 09:00 a 14:00 horas tódolos días laborais, agás domingo e festivos e permitirase aparcar durante unha hora e media ao día totalmente de balde.

Cinco dos seis parquímetros comezarán a funcionar nos vindeiros días mentres que o sexto parquímetro, situado na confluencia das rúas Vidales Tomé e Emilio Rodríguez, será posto en funcionamento con posterioridade.

O Concello explica que, para obter o tícket, “tan só haberá que premer o botón verde, marcar a matrícula do vehículo e volver premer o botón verde para proceder á retirada do ticket e colocalo no parabrisas”.

Unha vez concluído o tempo máximo de utilización, o vehículo deberá abandonar o estacionamento e non poderá volver aparcar durante o horario establecido para limitación de estacionamento durante esa xornada.

A zona azul seguirá sendo de balde e nos parquímetros expedirase un tícket no que figure o número do expendedor e os datos do vehículo así como a hora de comezo e remate do estacionamento. Para asegurar a rotación e bo funcionamento da zona azul no tícket incorpórase o número do expendedor que identifica cada parquímetro.

Os cinco parquímetros xa existentes manteranse na mesma ubicación: praza Bugallal, rúa Reveriano Soutullo esquina Avda Constitución, Morales Hidalgo (auditorio), rúa Arxentina e rúa Perillana (esquina praza de abastos).

Posible ampliación á tarde
Nos vindeiros meses é posible que se engada un tramo horario pola tarde para que tamén se produza a desexada rotación.

O Concello aclara que a zona azul “ten como obxectivo dinamizar as zonas de aparcamento e que toda a veciñanza teña a oportunidade de achegarse ao centro urbano para realizar as súas compras e xestións” querendo garantir así “máis axilidade e maior oportunidade de aparcamento, quedando as zonas de aparcamento municipal, que se atopan no perímetro do centro a unha distancia inferior a cinco minutos andando, para aqueles vehículos que precisen estar estacionados un longo prazo de tempo”.

A cidadanía poderá atopar trípticos informativos na casa do concello, na biblioteca, nas dependencias da Policía Local e nos comercios do centro urbano.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

maltrato animal

deportes

sanidade

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos