23092018Dom
Última edición: Sáb, 22 Sep 2018 10pm

“É un grave problema que imos resolver, se a Xunta négase, farémolo nós”

Ponteareas solicita reunión urxente coa Xunta para que garanta a seguridade viaria da PO-403

11 Julio 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
O alcalde, na zona do accidente. / Foto: Concello de Ponteareas O alcalde, na zona do accidente. / Foto: Concello de Ponteareas

O alcalde de Ponteareas solicita unha reunión urxente coa Consellería de Infrestruturas da Xunta de Galicia para concretar as actuacións prioritarias que precisa a estrada PO-403 ante as demandas veciñais de Angoares e Moreira.

O goberno de Ponteareas esixe á Xunta de Galicia unha resposta inmediata para garantir a seguridade peoníl neste tramo da PO-403 que cruza o núcleo urbano e unha zona densamente poboada, lugar onde esta semana rexistrouse un atropelo mortal.

O alcalde, Xosé Represas, ven de solicitar esta reunión urxente coa conselleira, para que a Xunta concrete as actuacións urxentes de mellora de seguridade para os milleiros de peóns que a diario utilizan as marxes da estrada PO-403 , nunha zona densamente poboada nas parroquias de Angores e Moreira, así como o tramo que cruza o núcleo urbano na Avenida Castelao. “Agardamos que asuman as súas competencias, é unha estrada da Xunta e é a administración autonómica quen ten que realizar as obras” manifestou Represas engadindo que “estamos a falar de seguridade peonil, da vida das persoas”, sinalou.

“Hai unha serie de actuacións que non son moi costosas e si mellorarían a seguridade peonil, poden realizarse a curto prazo sen necesidade de ocupación de novos terreos, só fai falta vontade política. Iso é o que lle pedirei a Concelleira”, declarou o alcalde.

“É un grave problema que urxe resolver, se a Xunta se nega, os veciños non poden seguir agardando, farémolo dende o goberno municipal”, afirma o alcalde pero agarda que non sexa preciso chegar a iso porque a Xunta conta con recursos suficientes para realizar estas obras.

“Xa non se pode agardar máis, logo de vinte anos pedindo un compromiso xa non se pode seguir obviando unha situación de risco tan alta como esta que onte se saldou coa vida dunha persoa”, engade a concelleira de Seguridade Cidadá, Vanesa Fernández.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

celta

in memoriam

  • Hasta pronto, Juan Costa
    Hasta pronto, Juan Costa Los Bancos de Alimentos de la Federación Española (Fesbal), llevamos en nuestros estatutos los principios de ser aconfesionales y apolíticos. Sin embargo, los voluntarios que los componemos, al margen de ser libres para elegir personalmente cualquier opción político/religiosa, somos seres…
    Leer más...

polémica

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos