16112019Sáb
Última edición: Vie, 15 Nov 2019 6pm

Ponteareas únese á tendencia dos murais cun toque de conciencia social

O IES Barral acolle a primeira obra do novo proxecto ‘Deporuarte. Pintando alternativas’, que procura incentivar a reflexión do alumnado

22 Junio 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
O alumnado posa xunto ao novo mural do IES Barral. / Foto: Depurtación de Pontevedra O alumnado posa xunto ao novo mural do IES Barral. / Foto: Depurtación de Pontevedra

O IES Barral de Ponteareas foi o primeiro dos dez centros das provincia que iniciou o seu mural dentro do proxecto ‘Deporuarte. Pintando alternativas’ e que acaba de ser rematado polos alumnos e alumnas de cuarto da ESO do centro despois de varios días de traballo. O tema elixido polo alumnado foi “a convivencia”.

O pasado día 28 os escolares participaron nunha xornada formativa e de reflexión para decidir cal ía a ser o tema do seu mural. Nela, explicáronselles cuestións relativas a arte urbana e a súa contribución á reflexión sobre cuestións de eido social e cultural. Tralos conceptos teóricos, tivo lugar unha asemblea e sesión práctica (no patio do centro) co obxectivo de que as alumnas e alumnos puidesen reflexionar baseando os seus traballos na cooperación e visitar a zona na que realizar a intervención.

Coa colaboración da artista Mara Méndez García, o pasado luns 18 de xuño comezou a elaboración dun mural que recolle todos os intereses, preocupacións e inquedanzas das mozas e mozos en relación á convivencia e que vén de ser finalizado, contando coa presenza da tenente de alcalde do Concello de Ponteareas, Chus Garrote.

O proxecto ‘Deporuarte. Pintando alternativas’ pretende, por unha banda reivindicar a arte urbana como unha mostra de expresión cultural e de mellora da contorna e, doutra, acadar que sirva para os alumnos e alumnas dos centros educativos da provincia podan expresar as súas opinións e inquedanzas sobre os aspectos que máis preocúpanlles. 

Ademais do centro do IES de Barral participaran nesta iniciativa o IES Pazo da Mercé das Neves, o IES de Barro, o IES María Soliño de Cangas, o CPI Aurelio Marcelino Rey de Cuntis, o IES Chano Piñeiro de Forcarei, o IES Auga da Laxe de Gondomar, o IES Laxeiro de Lalín, o IES de Meaño e o IES Ribeira do Louro do Porriño.

Inicia sesión para enviar comentarios

vigo

tecnología

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos