20102018Sáb
Última edición: Sáb, 20 Oct 2018 1pm

Detectan vertidos na praia fluvial do Cordeiro

Sanidade esíxelle ao Concello de Salvaterra que sinalice o lugar como “non apto para o baño” e a asociación Lazoiro advirte de que a auga do río está a usarse para consumo humano

13 Junio 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
O río Tea, ao seu paso pola parroquia de Alxén. / Foto: Lazoiro O río Tea, ao seu paso pola parroquia de Alxén. / Foto: Lazoiro

A Consellaría de Sanidade vén de esixir ao Concello de Salvaterra que sinalice a praia fluvial do Cordeiro, situada na parroquia de Alxén, como “non apta para o baño” despois de que se detectaran nela vertidos de augas residuais. Así o revelou a asociación Lazoiro, que á súa vez reclamou a ambas administracións que, ademais de levar a cabo as medidas de prevención necesarias no areal, garantan a salubridade da auga de consumo na vila.

Recentemente, o colectivo ecoloxista recibiu un escrito da Xefatura Territorial da Consellaría de Sanidade no que facía mención a un informe da Confederación Hidrográfica Miño-Sil no que se poñía de manifesto a existencia de verteduras de augas residuais a 350 metros augas arriba da zona de baño, o que pode supoñer un perigo obxectivo para os bañistas.

O escrito indicaba adicionalmente que “o Concello de Salvaterra de Miño deberá sinalizar a zona como non apta para o baño, mentres non realicen as xestións oportunas para que os vertidos dos núcleos situados augas arriba incorporen sistemas de desinfección aos tratamentos de depuración das súas augas residuais”.

Esta información fixo saltar a alarma na asociación, e mais cando os veciños da zona do Cordeiro lles aseguraron que o propio consistorio está collendo auga do río para o abastecemento por medio dun bombeo que a envía ao deposito do monte do Castelo.

Así, Lazoiro acaba de dirixirse ao Concello de Salvaterra, Consellaría de Sanidade e Confederación Hidrográfica Miño Sil para que se garanta a salubridade da auga de consumo no concello de Salvaterra e se procedan a efectuar as obras necesarias para rematar cos vertidos de augas residuais ao río Tea na zona do Cordeiro.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

PUBLICIDAD

economía

celta

proyectos

el proyecto de thom mayne

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos