27052019Lun
Última edición: Lun, 27 May 2019 1am

O grupo Mitic e a París de Noia, no programa de festas do Corpus de Ponteareas

O Concello reforzará a iluminación para que os e as alfombristas traballen con maior precisión

24 Mayo 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Alfombras en Ponteareas. / Foto: Concello de Ponteareas Alfombras en Ponteareas. / Foto: Concello de Ponteareas

Música, animación de rúa e animación infantil, concertos e exposicións son algúns dos elementos que nutren este programa no que a actriz e presentadora Nieves Rodríguez  métese no papel de pregoeira do Corpus Christi 2018 seguida da actuación da Orquestra de Cámara Galega.

O goberno de Pontearas presentou o programa das festas de Corpus que arranca este xoves día 24 coa presentación da revista Pregón no salón de plenos ás 20:30 horas. A exposición das trinta Meninas realizadas polos centros educativos baixo o título de ‘Meninas en Flor’ abre as súas portas ás 23:30 horas no mercado municipal o sábado día 2.

O domingo a banda de música Reveriano Soutullo actuará ás 10:30 horas diante da casa do concello a santa misa seguida da procesión será ás 11:30 horas. As carrozas desfilarán baixo unha batalla floral acompañada da Banda de Gaitas Tremiñado e da novidosa animación da empresa Pablo Méndez que fará unha alegoría á arte floral.

A praza Maior acollerá a actuación da orquestra América a partir das 22.00 horas, e ás 23.00 horas a actuación do grupo Mitic cos irmáns Álvaro e Suso Costas que nos presentan un novo xeito de entender a gaita galega.

Como cada luns ás 20:00 horas chegará o momento de homenaxear aos alfombristas que xa non nos acompañan depositando un ramo de flores xunto ao monumento que os lembra. Ás 20:30 horas o auditorio acollerá o acto de entrega de medallas do Corpus Christi cunha homenaxe  especial para a Comisión do Corpus de 1948.

A partir das 22:00 horas a orquestra París de Noia será a encargada de pechar as festas na Praza Maior.

Iluminación
O Corpus 2018 virá tamén cargado de novidades non só culturais e de lecer se non tamén técnicas porque atendendo ás peticións dos alfombristas, o goberno incrementará os puntos de luz e mellorará a iluminación para facilitar o traballo nocturno de todos e todas as alfombristas.

Serán máis de cen focos halóxenos de 250W máis 50 focos led equivalentes a 250W halogenuros, que proporcionan un gran aforro enerxético posibilitarán que as mans que trasladan a arte floral ao pavimento das rúas e prazas traballen con precisión e detalle.

Sesenta e dous arcos e motivos festivos luminosos adornarán as rúas de Ponteareas para recibir aos visitantes chegados de todos os puntos de Galicia, Portugal e do resto de España que se desprazarán en vehículos particulares e autobuses.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

PSOE

pp

o morrazo

opinión

  • Abel Caballero
    Abel Caballero El día de hoy, 26 de mayo de 2019, es un día histórico para la ciudad de Vigo. Abel Caballero ha revalidado su mayoría como el mejor alcalde de la historia de la ciudad. Caballero ha conseguido establecer una gran…
    Leer más...
  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos