07122019Sáb
Última edición: Sáb, 07 Dic 2019 1pm

A Deputación financiará a reforma do antigo recinto do Gran Hotel de Mondariz Balneario

O investimento, a través do Plan Concellos, será de preto de 400.000 euros e suporá o axardinamento de todo o espazo público e recuperación dos elementos históricos

20 Febrero 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Carmela Silva visitou o Gran Hotel acompañada do alcalde de Mondariz Balneario, José Antonio Lorenzo, e do deputado provincial Santos Héctor Rodríguez. Carmela Silva visitou o Gran Hotel acompañada do alcalde de Mondariz Balneario, José Antonio Lorenzo, e do deputado provincial Santos Héctor Rodríguez.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada do alcalde de Mondariz Balneario, José Antonio Lorenzo, e do deputado provincial Santos Héctor Rodríguez, coñeceu este martes de primeira man o proxecto para a reforma integral do antigo recinto do Gran Hotel Balneario. As obras, historicamente demandadas, consistirán na recuperación do antigo balneario e a nave de lavandería, e a súa integración no espazo público mediante unha proposta integral do conxunto, respectando e potenciando os seus elementos singulares. De feito, Mondariz Balneario dedicará a esta actuación integral todo o investimento da Liña 1 do Plan Concellos 2018-2019 por importe de 367.706,5 euros.

En concreto, executarase o axardinamento de toda a zona cunha mellora da estética global da contorna e a súa conectividade co paseo fluvial; tamén, á recuperación da lavandería como xardíns dos sentidos; á restauración da estufa de plantas; e á realización dunha zona de xardín perimetral cunha continuidade espacial ecolóxica de especies.

A presidenta da Deputación felicitou ao alcalde “pola súa decisión de recuperar o axardinamento do entorno do antigo balneario utilizando todos os recursos de Plan Concellos a restaurar toda esa zona verde. É unha aposta de risco -dixo Silva-, porque podería destinar eses cartos a outras cousas, pero prefire dedicalo a recuperar o corazón de Mondariz Balneario”. A presidenta cualificou a decisión de Lorenzo como “intelixente e valente. Eu quero alcaldes e alcaldesas que aposten por este tipo de proxectos”.

Tamén avanzou que “agora teremos que falar para facer moitas actividades que teñan que ver coa cultura. A xente máis relevante de España e Europa estivo en Mondariz Balneario, como Pardo Bazán, Rosalía o Murguía. O seu valor é incalculable. Se engadimos que estamos nun pobo que é de conto, máxico con significacións señoriais e respectuosas co medio ambiente, e con valores paisaxísticos e unha augas comparables coas mellores do mundo, temos claro que a proposta é inmellorable. Mondariz Balneario ten que ser o corazón que bombee a aposta termal de toda a nosa provincia”

Pola súa banda, o alcalde José Antonio Lorenzo agradeceu á Presidenta da Deputación a súa aposta polo termalismo e sinalou que “non so beneficia a Mondariz Balneario senón a toda a provincia de Pontevedra”

Polo miudo, as obras que se realizarán dacordo co proxecto suporán a limpeza e desmontaxe de elementos da zona; movemento de terras para adaptación da topografía; instalación completa de sistema de abastecemento de auga para rego; instalación do sistema de alumeado público, farois, balizas e iluminación de elementos singulares; a recuperación de elementos construídos singulares, paramentos e pavimentos; estrutura metálica de pórticos de aceiro con cubrición; recuperación de pavimentos existentes; plantación de especies vexetais e arbóreas; subministro e colocación de mobiliario urbano complementario, bancos, mesas, papeleiras; e a execución dun peche perimetral.

O Plan Concellos pon este ano a disposición de Mondariz Balneario un total de 434.380,76 euros, é dicir, un 73,17% máis que no 2017, cando recibiu 250.838,52 €. De feito, no que vai de lexislatura, a vila recibiu investimentos da Deputación de Pontevedra por máis dun millón de euros, 1.064.072,45€, que ascenden a 1.221.588,04 euros engadindo o correspondente á Liña 1 de 2019 que os concellos xa poden utilizar este ano.

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos