14112018Mié
Última edición: Mié, 14 Nov 2018 9am

Ponteareas compra un dron para o servizo de bombeiros

A nova ferramenta servirá para mellorar os tempos de reacción e dotará de maior seguridade aos profesionais á hora de inspeccionar edificacións incendiadas ou en risco de derrubamento

09 Febrero 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Bombeiros e representantes municipais, co dron. / Foto: Concello de Ponteareas Bombeiros e representantes municipais, co dron. / Foto: Concello de Ponteareas

O servizo de bombeiros de Ponteareas incorpora novas tecnoloxías como ferramenta para o desenvolvemento do seu traballo diario e conta dende este venres con dous drons -un para prácticas e outro para o servizo- que chegarán a zonas ás que os bombeiros non podían acceder para avaliar riscos e detectar posibles perigos.

Segundo informou o Concello, este instrumento será empregado tanto para o traballo diario de inspección sempre que sexa requirido e baixo o marco legal que permite o uso desta tecnoloxía e para actuacións de emerxencia dos bombeiros de Ponteareas, que atenden aos dez concellos das comarcas do Condado e A Paradanta (As Neves, Arbo, A Cañiza, Covelo, Crecente, Mondariz, Mondariz Balneario, Ponteareas e Salvaterra) e contan cun cadro de persoal composto por trece profesionais.

O dron, equipado con cámara térmica, servirá para mellorar os tempos de reacción e optimizará os recursos ademais de dotar de maior seguridade aos profesionais á hora de inspeccionar edificacións incendiadas ou en risco de derrubamento.

Ademais, con esta adquisición os bombeiros poderán obter en tempo real unha información visual veraz que lles permitirá actuar con máis seguridade e precisión. Tamén será de grande utilidade á hora de buscar persoas desaparecidas ou vítimas atrapadas.

Para poder usar esta ferramenta, tres bombeiros foron formados nun curso básico de 50 horas de duración e nun curso avanzado de 70 horas de carácter teórico-práctico, o que lles permite ter a titulación de “piloto de RPAS (Remote Pilot Authorized System) homologado por AESA a través de ATO.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

salud

intervención

celta

economía

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos