19092019Jue
Última edición: Mié, 18 Sep 2019 9pm

Os bombeiros de Ponteareas salvan tres cans dun incendio nunha vivenda

Os inquilinos do inmoble saíran da casa antes de que se orixinase o lume, que calcinou unha habitación

17 Enero 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Os bombeiros, na intervención. / Foto: Concello de Ponteareas Os bombeiros, na intervención. / Foto: Concello de Ponteareas

Dúas dotacións do parque de bombeiros do Concello de Ponteareas acudiron este mércores pola mañá a un edificio da rúa Fermín Bouza Brey ao ser alertados por un veciño que vía saír fume pola fiestra dunha vivenda da primeira planta.

Á súa chegada os efectivos de extinción de incendios localizaron a vivenda e unha vez dentro constataron que non había persoas pero si tres cans, aos que puideron salvar para logo poñelos a disposición dos seus donos, que non se atopaban na casa.

Os bombeiros sufocaron as lapas e procederon a ventilar a vivenda, na que só se viu afectada unha habitación, que malia todo ardeu por completo. Os bombeiros investigan agora as causas do lume.

Posteriormente, unha das dotacións que se atopaban neste emprazamento tivo que trasladarse á N-120, á altura do Barral, para extinguir un incendio producido nun contedor de lixo orgánico.

Inicia sesión para enviar comentarios

movilidad

música

espectáculos

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos