16072018Lun
Última edición: Lun, 16 Jul 2018 5pm

A renuncia do alcalde de Ponteareas ao seu soldo permite crear e estabilizar 39 empregos

Os 37.500 euros que cobraría o rexedor foron parar a novos autónomos, empresas que fixeron indefinidos a traballadores temporais e a bonificar contratos a menores de 30 anos

08 Enero 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Xosé Represas. / Foto: Concello de Ponteareas Xosé Represas. / Foto: Concello de Ponteareas

O Concello de Ponteareas vén de facer efectivo o pago de 39 subvencións, por un importe total de 37.500 euros da liña de axudas para o fomento da creación de emprego. Estas subvencións foron creadas no actual mandato grazas á renuncia de Xosé Represas ao seu soldo de alcalde tras a súa toma de posesión. Con este importe foron atendidas todas as solicitudes presentadas por parte das empresas e emprendedores de Ponteareas que crearon o seu propio posto de traballo, que contrataron novo persoal ou que mudaron a modalidade dos contratos e que cumprían os requisitos da convocatoria.

Un total de 33 persoas que estaban en desemprego recibiron mil euros cada unha por darse de alta de autónomos creando o seu propio posto de emprego. Ademais, dentro desta liña de subvencións e co obxectivo de contribuír á estabilización do mercado laboral, outorgáronse catro mil euros por conversión de contratos de temporal a indefinido e tamén se subvencionou con trescentos euros un contrato de formación e aprendizaxe e outro con douscentos euros por un contrato de prácticas.

Represas, que é empregado de banca prexubilado, amosou a súa satisfacción por lograr incentivar a creación de emprego en Ponteareas, un dos concellos con maior taxa de desemprego, "a creación de emprego e incentivar a actividade económica é un dos nosos obxectivos prioritarios e cada ano destinaremos máis recursos para acadalo".

O alcalde anuncia que no vindeiro mes abrirá o prazo dunha nova convocatoria por un importe total de 50.000 euros da que se poderán beneficiar tanto os emprendedores a título individual que acceden por primeira vez ao mercado laboral como empresas que queiran contratar novo persoal ou aquelas que vaian  mudar a  modalidade dos  contratos temporais a indefinidos. Terán cobertura tanto os que se xeraron en 2017 como os que se produzan nestes primeiros meses de 2018.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

medio ambiente

tráfico de drogas

  • Comienza la modernización del transporte
    Comienza la modernización del transporte Uno de los indicadores más claros del progreso de una sociedad es la calidad de su transporte públilco. El próximo año finaliza la mayor parte de las concesiones de autobús que recorren cada día la geografía gallega y que fueron…
    Leer más...

ciencia

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos