24032019Dom
Última edición: Sáb, 23 Mar 2019 10pm

As rutas culturais da Universidade de Vigo continúan cun paseo polos ríos de Mondariz

Un total de 80 persoas participarán na terceira das andainas deste curso, que terá lugar este sábado

17 Noviembre 2017 por
Valora este artículo
(0 votos)
O roteiro, de dificultade baixa, constará de 18 quilómetros de percorrido circular. / Foto: Duvi O roteiro, de dificultade baixa, constará de 18 quilómetros de percorrido circular. / Foto: Duvi

A programación de rutas culturais que este curso organiza a Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo continúa este sábado cunha andaina polos ríos de Mondariz. O terceiro dos roteiros que se celebran consistirá “nun percorrido moi suave e precioso, sempre camiñando á beira do río e gozando da paisaxe da zona”, segundo explica José García-Calvo, Willy, coordinador das rutas universitarias.

Arredor de 80 persoas procedentes dos tres campus da Universidade de Vigo participarán na actividade. O roteiro, de dificultade baixa, constará de 18 quilómetros de percorrido circular que partirá e rematará no Balneario de Mondariz e pasará por San Martiño de Frades e Pasos do Tatín, seguindo o cauce dos ríos Tea, Aloal e Regueiro.

A ruta inclúe paradas interpretativas no camiño e visita ao histórico Gran Hotel Balneario Port, onde a investigadora da Facultade de Ciencias do campus de Ourense María Concepción Cochón dará algunhas pinceladas sobre as augas mineromedicinais que fixeron famoso este enclave.

“O que máis nos sorprendeu na comprobación previa do roteiro é o ben que está o percorrido. Temíamos que a seca ou os incendios que houbo recentemente na zona lle afectara pero non é así, podendo ver os ríos con caudal e a vexetación verde”, comenta o coordinador das rutas universitarias.

A inscrición en cada ruta cultural pode facerse on line desde 15 días antes da súa celebración e ata o xoves anterior. O prezo dunha ruta individual é de 12 euros para os membros da comunidade universitaria e 18 para as persoas alleas a ela, existindo ademais diferentes bonos.

Ademais, concederanse 7,5 horas ECTS por cada ruta dun día de duración e 15 horas pola de dous días de duración. Os participantes contarán con autobuses que os trasladarán ao inicio de cada ruta desde os campus de Ourense, Pontevedra e Vigo.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

medio ambiente

sanidad

música

vigo

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos