24032019Dom
Última edición: Sáb, 23 Mar 2019 10pm

parking

Mondariz conta xa cunha área para estacionar autocaravanas

Con motivo da inauguración desta zona, preto de 100 autocaravanas procedentes de todos os puntos de Galicia daránse cita este sábado en Mondariz

20 Mayo 2016 por
Valora este artículo
(3 votos)
Con motivo da inauguración desta zona, preto de 100 autocaravanas procedentes de todos os puntos de Galicia daránse cita en Mondariz. Con motivo da inauguración desta zona, preto de 100 autocaravanas procedentes de todos os puntos de Galicia daránse cita en Mondariz.

O Concello de Mondariz inaugurará, este vindeiro sábado, 21 de maio, a área de estacionamento de autocaravanas situada nun lugar privilexiado, como é a baixada á praia fluvial do Val, un lugar de fácil acceso para este tipo de vehículos e dotado cos servizos que se esixe para este tipo de instalacións.

Con motivo da inauguración desta zona, preto de 100 autocaravanas procedentes de todos os puntos de Galicia daránse cita en Mondariz, convocados pola Asociación Galega de Autocaravanas (AGA), e para os que o concello mondaricense ten preparado un completo programa de actividades.

As 13 horas está prevista a recepción dos participantes na propia área de autocaravanas por parte do alcalde, o seu equipo de goberno, e os deputados provinciais Santos Héctor e Digna Rivas.

As 17 horas, comezarán unha xira por aqueles lugares de interese histórico e patrimonial do municipio como son o Castelo do Sobroso, o Carballo da Armada en Queimadelos, a Ponte de Cernadela e a visita ao Muíño do Cubo, entre outros.

De volta a Mondariz, vistantes, veciños e veciñas poderán gozar dunha actuación musical a cargo da Charanga Sghae.

A importancia da entrada de Mondariz na ruta de autocaravanas e nas guías oficiais desta modalidade de viaxar, é cualificada dende o Goberno local de AporM-PSOE como de “extraordinaria importancia” xa que hai que ter en conta, sinalan, que se trata dun medio de viaxar, facer turismo e coñecer lugares “que cada día conta con máis adeptos e que viaxan, ao longo de todo o ano e a lugares que contan áreas específicamente deseñadas para atender as súas necesidades”.

Da importancia de posuír unha instalación deste tipo, explica o Goberno AporM-PSOE, fala a existencia de innumerables foros e páxinas web “nas que os usuarios intercambian experiencias, valoran ás áreas de autocaravanas pola súa experiencia, recomendan lugares para visitar, tanto polos servizos que ofrece como polo seu interese natural e patrimonial, pola súa gastronomía ou mesmo pola acollida que lles dan as súas xentes”.

O feito de que Mondariz entre no 'circuíto' de autocaravanas, non só de España senón de Europa, “é un xeito máis de dar a coñecer o noso municipio e de facelo entrar de cheo nunha modalidade de viaxe que, cada ano, move a miles de viaxeiros por toda Galicia”, asegura o Goberno mondaricense.

Dende ese punto de vista, asegura o goberno de Mondariz, a creación desta área de autocaravanas é “un xeito máis de impulsar a economía local e dinamizar a actividade comercial”. Mondariz, conclúe o alcalde Xoán Carlos Montes Bugarín, posúe todo o que un usuario de autocaravana pode buscar, “unha área dotada dos servizos necesarios nun entorno agradable, un bo comercio local onde mercar, unha boa hostalería e un excepcional patrimonio natural, histórico artístico e patrimonial”. Somos dende ese punto de vista, asegura o rexedor municipal “un destino idóneo para os viaxeiros de autocaravanas”.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

medio ambiente

sanidad

música

vigo

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos