13112019Mié
Última edición: Mié, 13 Nov 2019 1pm
04 Oct 2019

Adxudicada a obra de mellora do acceso á praia do Muíño da Guarda

A actuación enmárcanse dentro do proxecto Visit Rio Minho, cofinanciado ao 75% polos fondos FEDER

Publicado en A Guarda

A Deputación de Pontevedra vén de adxudicar a obra de mellora do acceso á praia do Muíño de A Guarda á empresa Marconsa S.L. por un importe de de 168.287 euros. A actuación forma parte do proxecto de cooperación europea ‘Visit Rio Miño’, de Preservación e valorización do Río Miño Transfronteirizo, do que a institución provincial é socia. Trátase dunha reforma redactada polo departamento de urbanismo do Concello da Guarda. Os obxectivos desta actuación son a recuperación e protección do espazo e a mellora do acceso aos servizos da praia por parte da cidadanía.

30 Sep 2019

Unha moto acuática para atender emerxencias en zonas de costa de A Guarda

Ten unha eslora de 3.75 metros, capacidade para tres persoas, un motor de 1800cc e 180cv e vai equipada con dous traxes de neopreno, gadiola de rescate, cascos e remolque

Publicado en A Guarda

O tenente-alcalde da Guarda, Anxo Baz, asistíu á entrega por parte da Xunta de Galicia dunha moto acuática para rescates en zonas de pouco calado, con ondas ou fortes correntes e áreas con fondos rochosos e que será empregada dende hoxe polo GES da Guarda.

26 Sep 2019
Publicado en Tomiño

Unha muller faleceu e un home resultou ferido, por inhalación de fume, a causa dun incendio producido esta tarde na súa vivenda, situada no lugar de Cristelos, en Tomiño.

25 Sep 2019

A Guarda contará cunha nova escola infantil con 41 prazas

Xunta e Concello asinarán un convenio que recolla un investimento conxunto de 690.000 euros para construír esta dotación nas vellas vivendas dos mestres do antigo Sinde

Publicado en A Guarda

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, e a conselleira de Política Social, Fabiola García, mantiveron unha xuntanza en Santiago para garantir o compromiso da Xunta co financiamento da nova escola infantil da Guarda, para a cal a administración autonómica achegará 410.000 euros e o consistorio local os fondos restantes ata os 690.000 euros.

24 Sep 2019

Esgotadas en menos de 24 horas as 300 prazas da DepoAndaina polo Trega e Folón

A penúltima andaina deste ano promovida pola Deputación de Pontevedra celebrarase o día 6 de outubro polos concellos da Guarda e do Rosal

Publicado en O Rosal

En menos de 24 horas dende a apertura do prazo de inscrición quedaron esgotadas as 300 prazas que a Deputación de Pontevedra ofertou para a DepoAndaina polo Monte de Santa Tegra e a Ruta dos Muíños do Folón. A institución provincial abriu non obstante unha lista de espera que se pechará en canto complete outras cen prazas.

23 Sep 2019

Tui inicia as obras de acondicionamento dos xardíns de Troncoso

Os traballos suporán un investimento de case 49.400 euros ao abeiro do Plan Concellos. Teñen un prazo de execución de mes e medio

Publicado en Tui

Este luns 23 de setembro comezan as obras de acondicionamento dos xardíns de Troncoso financiadas ao abeiro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, que teñen un prazo de execución de mes e medio. O obxectivo é rexenerar este espazo público situado no Paseo Familia Álvarez Blázquez que comunica o céntrico Paseo da Corredoira coa rúa Antero Rubín. A zona sobre a que se vai actuar era un dos antigos baluartes da muralla da cidade polo que as actuacións a realizar contarán cun control arqueolóxico durante a obra.

virales

navidad

mar

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos