17112019Dom
Última edición: Sáb, 16 Nov 2019 8pm
29 Jun 2019

Tui solicitará á Xunta unha nova escola infantil para atender á demanda

A Escola Infantil da Galiña Azul conta cun novo parque exterior e de xogos para os cativos

Publicado en Tui

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, visitou este venres a Escola Infantil da Galiña Azul de Tui para coñecer de primeira man o resultado da obra realizada no parque exterior do centro.

23 Jun 2019

A frota do Encontro de Embarcacións chegará á Guarda en travesía desde as Cíes

Será a primeira vez na historia deste evento que os barcos do norte farán unha navegación tan longa en mar aberto, xa que sairán desde Muros. Para garantir a seguridade, o convoi contará co apoio do remolcador Sebastián de Ocampo

Publicado en A Guarda

O Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que no seu décimo cuarta edición celébrase na Guarda do 11 ao 14 de xullo, será o primeiro da historia no que boa parte dos barcos realice unha travesía en mar aberto para aproximarse ao escenario de celebración.

20 Jun 2019

Aberta a licitación das obras para a mellora dos accesos á Praia do Muíño na Guarda

Esta actuación forma parte do proxecto de cooperación europea ‘Visit Río Miño’, de preservación e valorización do río

Publicado en A Guarda

A Deputación de Pontevedra vén de anunciar a licitación do proxecto para a mellora dos accesos á Praia do Muíño despois da sinatura dun convenio, no pasado mes de febreiro, entre o ente provincial e o Concello de A Guarda para o acondicionamento da entrada a esta porta do espazo natural protexido do Esteiro do Río Miño. O orzamento total ascende ás 192.190 euros e o prazo para a presentación de ofertas remata o vindeiro 2 de xullo.

18 Jun 2019

A Policía Autonómica de Vigo decomisa 41 quilos de percebe

O produto incautado repartirase entre centros benéficos e comedores sociais

Publicado en A Guarda

Axentes da Policía Autonómica da sede de Vigo veñen de incautar 41,3 quilos de percebe, tras unha operación levada en cabo en colaboración con vixilantes da Confraría do porto da Guarda.

18 Jun 2019

A Guarda conta cun novo aparcamento con zona azul

A vila suma ao estacionamento de horario limitado un espazo situado na rúa Brasilino Álvarez

Publicado en A Guarda

A Guarda conta cunha nova zona azul, de aparcamento disuasorio, na rúa Brasilino Álvarez, que foi implantada polo Concello co obxectivo de incrementar a mobilidade das persoas no casco urbano da vila. Este espazo, cunha capacidade aproximada de 25 turismos, rexerase polo sistema de estacionamento gratuíto con horario limitado. Os usuarios terán hora e media para poder aparcar os seus vehículos nesta zona, que dispón ademais de dúas prazas para persoas de mobilidade reducida.

14 Jun 2019

A gastronomía, Luis Zahera e Moncho Borrajo, pratos fortes da Festa da Lagosta

A Guarda acollerá esta tradicional celebración o primeiro fin de semana de xullo coa actuación destes dous intérpretes galegos

Publicado en A Guarda

A Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, chega súa XXIX edición cunha programación onde os humoristas e a música de fusión serán os protagonistas xunto coa raíña da festa, a lagosta.

navidad

vigo

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos