18112019Lun
Última edición: Dom, 17 Nov 2019 9pm
06 Ago 2019

Unhas letras co nome da vila e un marco, novos elementos de promoción turística de Tui

O primeiro deles foi colocado na Oficina de Turismo e o segundo na área de autocaravanas

Publicado en Tui

O Concello de Tui vén de incorporar dous elementos novidosos á promoción turística do municipio. Por unha banda, na área de autocaravanas, na rúa Martínez Padín, xunto a ponte do río Tripes e a carón do monumento o peregrino, foi colocado un marco metálico de cor branco do que sobresae a palabra Tui en vermello, sostido por dúas mans.

03 Ago 2019

A nova rúa Concepción Arenal da comezo ao cambio do modelo urbano na Guarda

A vila do Baixo Miño únese á corrente de recuperación do espazo público para as persoas que xa se comezou noutras localidades da comarca

Publicado en A Guarda

O Concello da Guarda estrea estes días a súa nova rúa Concepción Arenal tras as obras acometidas nos últimos meses nun proxecto cofinanciado pola Deputación de Pontevedra. Anteriormente esta rúa soportaba unha alta presión de tráfico rodado, e coa intervención acometida converteuse nun espazo onde as guardesas e guardeses poden pasear, mercar ou tomar algo nos establecementos da zona. Na actual configuración da rúa o tráfico rodado está restrinxido e toda a zona é prioritaria para os peóns. 

02 Ago 2019

O proxecto da nova escola infantil da Guarda, pendente da aprobación da Xunta

Concello e Consellería avanzan no proxecto desde o punto de vista técnico e económico

Publicado en A Guarda

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, asistiu a unha reunión co xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, para pechar de forma definitiva o proxecto de escola infantil municipal, tanto dende o punto de vista técnico como económico.

31 Jul 2019

Tui reactiva o control na zona azul

O aparcamento regulado aplicarase na Corredoira e nas rúas Augusto González Besada, Foxo, Rosa Bahamonde e as súas travesías, onde se pode estacionar gratuitamente durante hora e media

Publicado en Tui

A partir deste xoves, 1 de agosto, reactivarase o control na zona azul de Tui de estacionamento gratuíto limitado no tempo. Este ámbito abrangue un centenar de prazas de aparcamento no Paseo da Corredeira, dende o cruzamento con Rosa Bahamonde até os soportais, a rúa Augusto González Besada, e as rúas Foxo e Rosa Bahamonde e as súas travesías. 

29 Jul 2019

A Guarda celebra a partir do venres o Galifornia Beat, con deporte urbano e concertos

Spoonfull, The Soul Jacket, Fast Fuzz ou The Pretty Shirts serán algúns dos grupos que actúen no evento, que inclúe unha batalla de galos

Publicado en A Guarda

O Skate Park Atalaia do Porto da Guarda e arredores acollen dende este venres día 2 de agosto a quinta edición do Galifornia Beat, un evento multicultural que se estenderá ata a xornada do sábado día 3 de agosto e que contará con concertos, exhibicións deportivas e gastronomía.

26 Jul 2019

A Guarda prepárase para a semana grande das Festas do Monte 2019

O Concello programa unha morea de actos que serán pechados cada noite con verbenas e actuacións de orquestras

Publicado en A Guarda

A Guarda acolle do 5 ao 12 de agosto as Festas do Monte 2019, catalogadas de Interese Turístico de Galicia e que comprenden unha semana chea de actividades culturais, deportivas e de ocio e tempo libre. A programación de actividades arranca na xornada do sábado 3 de agosto cos torneos de hockey e as carreiras pedestres.

navidad

vigo

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos