• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    lunes, 23 de junio de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    EXPOSICIÓN

    O artista cordobés Jacinto Lara presenta a súa obra «Borders»

    O artista, agora afincado en Salvaterra, escolleu Tui para ofrecer a súa primeira mostra en terras galegas, que agora coa edición deste catálogo adquire unha maior proxección e relevancia
    Redacción por Redacción
    20 de May, 2025
    en Tui
    0
    O artista cordobés Jacinto Lara presenta a súa obra «Borders»

    Este xoves, 22 de maio, ás 19:30 horas, a Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui acolle a presentación do catálogo da exposición “Borders” do artista cordobés Jacinto Lara. A mostra foi inaugurada a pasada semana e pode visitarse en Tui até o 15 de xuño. Na presentación intervirán o propio artista xunto a Federico Castro Morales, o presidente da Fundación MBM (Move be Moved), que editou o catálogo que agora se presenta.

    Esta publicación titulada como a propia exposición “Borders” é, en palabras do artista, unha bitácora expresiva do tránsito artístico que acompaña a súa translación vital dende a súa Andalucía natal a Galicia, entre El Quiñón (Córdoba) e Alxén (Salvaterra de Miño), onde instalou o seu taller e vivenda en 2024.

    A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente Solla, sinala que esta exposición recolle unha escolma de pinturas e esculturas, entre outras creacións do autor cordobés que ten agora o seu estudo en Alxén – Salvaterra. Engade Sonsoles Vicente coma Jacinto Lara escolleu esta Sala de Exposicións tudense para ofrecer a súa primeira mostra en terras galegas, que agora coa edición deste catálogo adquire unha maior proxección e relevancia.

    O Concello de Tui, en palabras da concelleira Sonsoles Vicente, agradece á Fundación MBM a súa colaboración con esta mostra de Jacinto Lara evidenciando o seu compromiso coa difusión da arte contemporánea. Sonsoles Vicente congratúlase pola celebración en Tui desta exposición na que as formas xeométricas das súas imaxes crean formas suxestivas e emotivos espazos que reclaman a atención do espectador.

    Jacinto Lara

    Jacinto Lara nace en Fernán Núñez (Córdoba) e a súa contorna natural esperta nel o interese polas formas, as texturas e as cores propias do cultivo na campiña cordobesa. A súa observación pronto se trasladará a unha pintura que trata de recoller esa riqueza paisaxística e cambiante. Tras anos de formación ecléctica dentro e fóra de España, Jacinto Lara regresa a Córdoba onde é acollido pola comunidade artística da cidade, tendo así a oportunidade de enriquecerse co labor desenvolvido polos membros do Equipo 57, a ceramista Hisae Yanase e o escultor Manuel Cabelo. Ademais, compartirá experiencias e traballos cos artistas da súa xeración Juan Zafra, Hachim Cabrera, e poetas e escritores do Grupo Cántico. De forma paralela, a súa actividade artística estará encamiñada a dinamizar a vida cultural da cidade a través de cursos, charlas, montaxe e coordinación de exposicións. O seu interese pola difusión da cultura e o desexo de que esta sexa alcanzable para todos, lévalle á cooperación en Nicaragua na Casa dos Tres Mundos (Selecta), co obxectivo de crear unha escola de arte.

    A partir dos anos setenta comeza a expoñer en distintas cidades de España e Europa, cunha obra que reflicte un estilo moi figurativo con tinguiduras surrealistas ao que el mesmo denominará como “Incomunirealismo” (a non comunicación da realidade convencional). Nos oitenta, o seu interese desprázase cara aos campos de cor cunha plástica máis próxima ao expresionismo abstracto americano, sobre todo grazas ao artista granadino Guerrero. Nos noventa, o seu estilo evoluciona cara á abstracción xeométrica e ao interese polos fractales. Isto unido á súa fascinación por Oriente e os hayku o levan á realización das súas series sobre haykus e fractales que hoxe seguen ecoando na súa produción. Actualmente forman parte tamén do seu traballo as esculturas, as instalacións, a obra gráfica e a poesía.

    43

    Tags: ArteExposiciónJacinto LaraTui

    RelacionadosArtículos

    Un incendio de madrugada en Tui arrasa con 7 vehículos
    Tui

    Un incendio de madrugada en Tui arrasa con 7 vehículos

    19 de Jun, 2025
    El Vitruvia ultima la mudanza a su paraíso soñado: «En Vigo estaremos orgullosos de tener un espacio así»
    Local

    El Vitruvia ultima la mudanza a su paraíso soñado: «En Vigo estaremos orgullosos de tener un espacio así»

    17 de Jun, 2025
    Guardia Civil y Policía Local intensifican los controles de velocidad en la A-55
    Sucesos

    Guardia Civil y Policía Local intensifican los controles de velocidad en la A-55

    17 de Jun, 2025
    Pontevedra acoge desde la exposición fotográfica ‘O Camiño Portugués, por Pepe Varela’
    Exposiciones

    Pontevedra acoge desde la exposición fotográfica ‘O Camiño Portugués, por Pepe Varela’

    16 de Jun, 2025
    Sorprendida una vecina de A Guarda con cien gramos de cocaína y casi 10.000 euros en el coche
    A Guarda

    Sorprendida una vecina de A Guarda con cien gramos de cocaína y casi 10.000 euros en el coche

    16 de Jun, 2025
    A Deputación destinará a Tui preto de 950.000 euros para financiar a humanización da rúa Coruña
    Tui

    A Deputación destinará a Tui preto de 950.000 euros para financiar a humanización da rúa Coruña

    11 de Jun, 2025

    59

    44

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 8

    Más Vistos

    «Vigo se pone a la altura de Francia y Alemania: serán los tres grandes centros de producción de microchips en Europa»

    «Vigo se pone a la altura de Francia y Alemania: serán los tres grandes centros de producción de microchips en Europa»

    por Europa Press
    18 de Jun, 2025
    0

    El túnel de la vergüenza

    El túnel de la vergüenza

    por Julio Alonso
    19 de Jun, 2025
    0

    El Vitruvia ultima la mudanza a su paraíso soñado: «En Vigo estaremos orgullosos de tener un espacio así»

    El Vitruvia ultima la mudanza a su paraíso soñado: «En Vigo estaremos orgullosos de tener un espacio así»

    por Andrea Mariño
    17 de Jun, 2025
    0

    Una ventana del Concello de Vigo cae sobre una funcionaria: «Estamos cansados de la desidia y del silencio»

    Una ventana del Concello de Vigo cae sobre una funcionaria: «Estamos cansados de la desidia y del silencio»

    por Redacción
    17 de Jun, 2025
    0

    61

    ROMPEPAGINAS A – 7

    13

    45

    MÁS VIGO

    Casas singulares de Vigo
    Más Vigo

    Casas singulares de Vigo

    La ciudad de Vigo tiene y tuvo numerosas casas familiares singulares. Algunas han desaparecido como consecuencia del crecimiento urbanístico y...

    por Julio Alonso
    23 de Jun, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 2

    HISTORIA DE VIGO

    El hundimiento del ‘Higland Pride’
    Más Vigo

    El hundimiento del ‘Higland Pride’

    En la madrugada del domingo 8 de septiembre de 1929, la sirena de un barco rompió el sueño de los...

    por Eduardo Rolland
    18 de May, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Más Vigo

    El Plan Palacios: Vigo tuvo una oportunidad

    Han ido pasando los años y las corporaciones y la ciudad no ha podido disfrutar de una planificación que pudiera...

    por Fernando Torres Carbajo
    13 de Feb, 2016

    LIBROS

    La novela ganadora del Premio Blanco Amor 2024 se presenta en Porriño
    Libros

    La novela ganadora del Premio Blanco Amor 2024 se presenta en Porriño

    La Villa del Louro se prepara para una cita literaria de excepción. Este jueves, 19 de junio, a las 20:00...

    por Redacción
    18 de Jun, 2025

    OPINIÓN

    Recuperación dunar de Samil: «No es esto, no es esto»
    Opinión

    Recuperación dunar de Samil: «No es esto, no es esto»

    En febrero de 1931 el intelectual español José Ortega y Gasset fundaría la Agrupación al Servicio de la República, junto...

    por Fernando Torres Carbajo
    23 de Jun, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR