• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    martes, 18 de noviembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    violencia zero

    Silva: «Coa violencia machista non podemos seguir de brazos cruzados e minutos de silencio»

    A presidenta da Deputación de Pontevedra asegurou que “non podemos permanecer impasibles ao falar das cifras de mulleres asasinadas polas súas parellas e exparellas”
    Redacción por Redacción
    27 de Dic, 2016
    en Tomiño
    0
    Silva: «Coa violencia machista non podemos seguir de brazos cruzados e minutos de silencio»

    A acción que tivo lugar en Tomiño chámase “A última cea”, unha actuación escénico-teatral da man da actriz Uxía Morán. A presidenta da Deputación, Carmela Silva, asegurou que “centos de miles de mulleres sofren violencia física no noso país, que remata en moitas ocasións co asasinato de mulleres”. Carmela Silva lembrou as cifras que deixou nos últimos anos a lacra da violencia machista, xa que “nos últimos 10 anos son máis de 800 mulleres as que morreron a mans das súas parellas ou exparellas e isto é un drama. Imos seguir falando de cifras sen nos inmutar?”, engadiu. Por iso, salientou a Presidenta provincial, “dende a Deputación de Pontevedra cremos profundamente na Igualdade e é unha das nosas prioridades, e tanto a institución provincial como o concello de Tomiño sabemos que temos que ser unha referencia na loita contra as violencias machistas traballando xuntas e xuntos para esta fin”. No ano 2016 son 51 mulleres, “44 recoñecidas pero outras 7 en investigación”, as que foron asasinadas pola violencia machista.

    Carmela Silva quixo agradecer á alcaldesa de Tomiño, Sandra González, que non puido asistir ao acto por motivos de saúde, “por ser, ademais dunha muller líder que dirixe un proxecto político para esta vila, unha grande impulsora da igualdade”. A concelleira de Cultura de Tomiño, Cristina Martínez, asegurou que “con este proxecto compartimos o goberno de Tomiño e a Deputación de Pontevedra a aspiración a unha sociedade igualitaria entre homes e mulleres, onde non atope lugar a discriminación de ningún tipo”.

    A presidenta provincial lembrou algunhas das situacións que teñen que vivir as mulleres polo simple feito de ser mulleres, como “soportar os piropos aínda hoxe no século XXI, unha linguaxe que nos invisibiliza, os estereotipos dun único tipo de beleza que nos identifican ás mulleres unicamente polo noso corpo, como un obxecto; a publicidade que vende mulleres en lugar dos produtos”, o que Carmela Silva definiu como “múltiples violencias machistas que teñen que ser superadas xa que unha sociedade non se pode chamar democrática, moderna, avanzada e decente se máis da metade da poboación ten que sufrir o que sufrimos nós”.

    Todo iso, asegurou a presidenta, “fai que a nosa imaxe sexa algo que non ten que ver co que somos e queremos ser”, polo que “reivindicamos unha imaxe como suxeitos activos xa que, por exemplo, ás veces temos que chegar á páxina 12 dun medio de comunicación para atopar novas sobre mulleres que fan algo para o avance da sociedade, cando en realidade somos moitas as que lideramos eses proxectos”. Ademais, Carmela Silva afirmou que “non podemos seguir de brazos cruzados con minutos de silencio senón que temos que concienciar ao conxunto da sociedade, esixir ás administracións que dediquen recursos para a loita contra as violencias machistas e a prol da igualdade”. A Presidenta da Deputación de Pontevedra asegurou que “a Xunta ten recortado as políticas de igualdade dende 2011 cando é preciso dedicar recursos, porque non son suficientes os discursos para construír unha sociedade igualitaria onde sexamos libres e todas e todos nos poidamos desenvolver en plenitude”.

    A actuación de Uxía Morán consistiu nunha acción teatral-escénica, “A última cea”, que chamou a atención sobre o papel que se lle outorgou aos homes e ás mulleres durante a ditadura franquista. Tal como resumiu a propia artista, “as mulleres non só fomos encarceradas, fusiladas e obxecto de torturas e vexacións, senón que tamén padecemos unha represión específica, unha represión ideolóxica e de xénero. A muller debía subordinarse ao home, manterse afastada da vida pública e dedicarse exclusivamente ás tarefas domésticas, ao coidado das fillas e dos fillos e á satisfacción do marido”. Carmela Silva lembrou que “a cultura é un medio fundamental para remover conciencias e un instrumento necesario para cambiar sociedade”, e salientou que o proxecto “Violencia Zero” recolle “cultura feita por mulleres comprometidas coa Igualdade”.

    A segunda edición de “Mulleres en Acción. Violencia Zero” amplíase este ano a 25 accións en 25 concellos, en homenaxe ao 25 de novembro. As accións desenvólvense a razón de dúas ao mes, de novembro a outubro de 2017, e culminarán cunha acción final en novembro de 2017. Os concellos que acollerán o proxecto tras Marín son Tomiño, Nigrán, Vila de Cruces, Cambados, Ponteareas, O Porriño, Cuntis, Bueu, Salvaterra de Miño, O Grove, A Guarda, Soutomaior, Poio, Baiona, Caldas de Reis, Vilagarcía, Cangas, A Estrada, Silleda, Salceda, Meaño e Tui.

    43

    RelacionadosArtículos

    «Vigo no necesita premios» pero saca pecho cuando se los dan, y acaba de recibir otro
    Local

    «Vigo no necesita premios» pero saca pecho cuando se los dan, y acaba de recibir otro

    18 de Nov, 2025
    Cuando la lluvia de la ciudad inspira el turrón más surrealista e innovador del mundo
    Gastronomía

    Cuando la lluvia de la ciudad inspira el turrón más surrealista e innovador del mundo

    18 de Nov, 2025
    Una nueva acera (con hormigón) alumbra en la zona histórica de Vigo
    Local

    Una nueva acera (con hormigón) alumbra en la zona histórica de Vigo

    18 de Nov, 2025
    «Reimaginar y modernizar» la UVigo, el reto del tercer aspirante a rector: «No será fácil»
    Local

    «Reimaginar y modernizar» la UVigo, el reto del tercer aspirante a rector: «No será fácil»

    18 de Nov, 2025
    Un bufete de Vigo se sitúa entre los mejores abogados de España
    Actualidad

    Un bufete de Vigo se sitúa entre los mejores abogados de España

    18 de Nov, 2025
    Local

    A Laxe se suma a la Navidad de Vigo con toque musical, luces y más ‘brillibrilli’

    18 de Nov, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La Avenida de Madrid se hunde y atrapa a un bus con pasajeros

    La Avenida de Madrid se hunde y atrapa a un bus con pasajeros

    por Redacción
    16 de Nov, 2025
    0

    Vigo arranca la Navidad en el planeta tras un homenaje a la tragedia de Valencia

    Desvelado el aforo máximo y la hora del encendido de las luces de Navidad de Vigo

    por Redacción
    11 de Nov, 2025
    0

    Cortada la AP9 entre Vigo y O Porriño al arder el remolque de un camión cargado con langostinos

    Cortada la AP9 entre Vigo y O Porriño al arder el remolque de un camión cargado con langostinos

    por Redacción
    14 de Nov, 2025
    0

    Licitada al fin la reconstrucción de la piscina de Teis: así reabrirá en 2027

    Caballero dice que la Diputación quiere parar la piscina de Teis y le contestan que «miente con mucho descaro»

    por Europa Press
    11 de Nov, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Sin aceras en A Ronda
    Más Vigo

    Sin aceras en A Ronda

    La actuación urbanística llevada a cabo en su día en A Ronda de Don Bosco, en el centro de la...

    por Julio Alonso
    18 de Nov, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956
    Más Vigo

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956

    No son las primeras imágenes aéreas de Vigo, pero sí las primeras que se utilizaron para trazar mapas de la...

    por Eduardo Rolland
    09 de Ene, 2021

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Más Vigo

    Tranvías Eléctricos, una empresa emblemática de nuestra ciudad

    Sería el final de un transporte que había durado 54 años. La empresa había intentado llegar a un acuerdo con...

    por Fernando Torres Carbajo
    17 de Oct, 2015

    LIBROS

    Los cuentos que jubilan a Frozen y Spiderman (y los cambia por redeiras y percebeiras) se presentan en Vigo
    Libros

    Los cuentos que jubilan a Frozen y Spiderman (y los cambia por redeiras y percebeiras) se presentan en Vigo

    La autora viguesa Alexandra Touza presentará este viernes ,14 de noviembre, en la UNED de Vigo con su colección Cuentos...

    por David Augusto
    13 de Nov, 2025

    OPINIÓN

    La «salvaje» panorámica de la obra de Gol permitirá ver los primeros partidos del Celta desde el exterior
    Opinión

    Con el Mundial 2030 nos volveremos a equivocar

    "Esta grada de Tribuna, que está en azul, se retranquea unos 30 metros hacia afuera, es una gran bandeja con...

    por Fernando Torres Carbajo
    09 de Nov, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR