06122019Vie
Última edición: Jue, 05 Dic 2019 8pm
28 Ago 2019

Tui regresa ao Medievo esta fin de semana da man do Festival Arraianos

Como novidade, a festa desenvolverá o xogo de rol ‘Habelas Hainas’. Tamén ofrecerá un menú formado por receitas inspiradas en ‘Xogo de Tronos’

Publicado en Tui

Tui volverá facer unha viaxe á época medieval do 30 de agosto ao 1 de setembro da man do IV Festival da Cultura Arraiana, Arraianos. Cada ano na vila ábrese un desfase temporal polo que regresa a distintas épocas do pasado debido ás avarías que sofre unha máquina do tempo deseñada por unha científica tola.

23 Ago 2019

O marco xigante de Tui, punto neurálxico dun concurso de fotografía

O Concello convida a cidadáns e visitantes a participar no certame retratándose neste novo elemento turístico da vila

Publicado en Tui

O Concello de Tui vén de convocar o I Concurso Fotográfico ‘Enmárcate en Tui’, aproveitando a recente instalación dun marco na area de autocaravanas, na antiga ponte sobre o río Tripes (rúa Martínez Padín), que haberá que empregar para participar no certame. Nel poderán concorrer todas as persoas maiores de idade que o desexen cun máximo de dúas fotografías, podendo aparecer na instantánea tanta xente como o autor estime oportuno.

09 Ago 2019

Tui organiza visitas guiadas gratuítas á Ruta dos Pasos de Auga e á Porta do río Tripes

As andainas, de dificultade moderada, terán lugar o martes 13 de agosto e o xoves 22

Publicado en Tui

O Obradoiro de Emprego Percorre Tui deseñou dúas novas rutas no municipio, a dos Pasos da Auga e a de Porta do río Tripes, que poñen en valor o patrimonio natural e cultural da vila e que en parte transcorren polo Camiño de Santiago. Para dalas a coñecer o Concello organiza dúas visitas guiadas gratuítas, o martes 13 e o xoves 22, respectivamente, a cargo do alumnado da especialidade de promoción turística local e información ao visitante.

06 Ago 2019

Unhas letras co nome da vila e un marco, novos elementos de promoción turística de Tui

O primeiro deles foi colocado na Oficina de Turismo e o segundo na área de autocaravanas

Publicado en Tui

O Concello de Tui vén de incorporar dous elementos novidosos á promoción turística do municipio. Por unha banda, na área de autocaravanas, na rúa Martínez Padín, xunto a ponte do río Tripes e a carón do monumento o peregrino, foi colocado un marco metálico de cor branco do que sobresae a palabra Tui en vermello, sostido por dúas mans.

31 Jul 2019

Tui reactiva o control na zona azul

O aparcamento regulado aplicarase na Corredoira e nas rúas Augusto González Besada, Foxo, Rosa Bahamonde e as súas travesías, onde se pode estacionar gratuitamente durante hora e media

Publicado en Tui

A partir deste xoves, 1 de agosto, reactivarase o control na zona azul de Tui de estacionamento gratuíto limitado no tempo. Este ámbito abrangue un centenar de prazas de aparcamento no Paseo da Corredeira, dende o cruzamento con Rosa Bahamonde até os soportais, a rúa Augusto González Besada, e as rúas Foxo e Rosa Bahamonde e as súas travesías. 

09 Jul 2019

Ágatha Ruiz de la Prada y Katty Xiomara convertirán el puente internacional de Tui en una pasarela de moda

El festival IKFEM presentó este martes su programación al completo, que incluye actuaciones a ambos lados de la frontera, conciertos junto al río Miño y clases magistrales

Publicado en Tui

El International Keyboard Festival & Masterclass-IKFEM, presentado este martes, celebra este año su séptima  edición del 14 al 21 de julio con el lema ‘Music & Fashion’, una apuesta por resaltar la relación entre la música y la moda –tanto española como portuguesa-, como expresiones artísticas que se retroalimentan para mostrar una simbiosis perfecta de identidad histórica.

medio ambiente

navidad

vigo

ocio

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos